Descenso dos becerros frisóns en Silleda

Cotizacións da Central Agropecuaria de Galicia do 24 de marzo.

As cotizacións dos becerros na Lonxa de Silleda deste martes caracterizáronse pola tendencia xeral á estabilidade, despois da suba da semana pasada. Cabe salientar a baixada nos prezos dos becerros de recría de raza Frisona, especialmente nos de menos de 20 días e nos de máis de 20 días. Os prezos quedaron do seguinte xeito:

COTIZACIONS_SILLEDA_vacun_24_03_2015

Sen cambios nas mesas de prezos de galiñas, ovos e coello

Nas mesas de prezos as cotizacións medias das galiñas e os ovos quedaron igual que as pasadas semanas. Deste xeito, os ovos quedaron nos 1,33 € a ducia para a categoría L; 1,31 para a M, e 1,14 € a ducia para os de clase S.

Nos coellos as cotizacións mantivéronse sen cambios, nos 1,50 €/kilo.

Estabilidade nos prezos do porcino

En canto aos leitóns, a mesa de prezos da Central Agropecuaria de Galicia acordou manter os prezos da semana pasada. Deste xeito, as cotizacións quedaron nos 56 € para os bacoriños procedentes dunha única explotación e os 51 € para os procedentes de varias.

En canto ao porco cebado, acordouse tamén manter os prezos sen cambios. Nos principais mercados europeos os prezos tamén se manteñen estables.

Os prezos quedaron do seguinte xeito:

COTIZACIONS_SILLEDA_24_03_2015

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información