A Deputación e a USC queren potenciar o turismo de cogumelos nos Ancares e no Courel

A Deputación e a USC queren potenciar o turismo de cogumelos nos Ancares e no Courel

Presentación do estudo científico

O responsable de Turismo da Deputación de Lugo, Eduardo Vidal Baamonde, o Vicerreitor do Campus de Lugo da Universidade de Santiago de Compostela, Javier Bueno Lema, así como os profesores Antonio Rigueiro e Julián Alonso, informaron este mércores dunha nova colaboración ente o organismo provincial e a universidade para impulsar o sector turístico da provincia.

Trátase, concretamente, da elaboración dun estudo científico no que se avalían as potencialidades turísticas da micoloxía na provincia, no xeodestino dos Ancares-Courel. O Executivo destina 35.000 euros á elaboración do estudo que, posteriormente, será incluído dentro do Plan Estratéxico de Turismo que deseña o organismo provincial.

Obxectivos e actividades a desenvolver

Os obxectivos a cumprir con este estudo son: analizar e facer un diagnóstico das posibilidades do micoturismo na provincia e as necesidades para o seu desenvolvemento nas comarcas do Courel e dos Ancares; establecer sinerxías e implicar no proxecto aos distintos axentes administrativos, sociais, económicas, culturais e científicos; e definir as estratexias necesarias para favorecer o turismo micolóxico a levar a cabo as actividades e estudos para a súa implantación.

Para conseguir estes obxectivos, logo de facer o análise DAFO, estableceranse reunións e contactos con axentes que necesariamente se deben implicar para o desenvolvemento deste proxecto, estudo inventariada da micobiota do territorio, con especial atención ás especies comestibles, e estimación da produtividade real, e actuacións formativas, divulgativas e educativas.

Estudo científico

Con este acordo entre ambas administracións, elaborarase un minucioso estudo sobre a importancia da micoloxía na provincia, concretamente na Montaña lucense, que conta con grande diversidade no que a fungos se refire, dende o punto de vista do aproveitamento turístico.

Deste xeito, analizaranse as fortalezas e oportunidades, que se basean na riqueza natural, paisaxística, etnográfica, cultural, así como na ampla biodiversidade e na existencia de infraestruturas de turismo, establecementos e empresas ecoturísticas; debilidades e ameazas, todas relacionadas coa demografía regresiva, escasa formación micolóxica dos establecementos ou difíciles conexións.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información