O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, mantivo unha xuntanza coa Asociación de criadores de raza porcina celta (Asoporcel). No encontro, no que participaron o director técnico do colectivo, Iván Rodríguez, e a veterinaria, María Cruz Castro, López remarcou o compromiso da institución provincial co sector primario.
A Deputación puido coñecer na reunión os proxectos nos que está a traballar a asociación e amosou a vontade de abrir vías de colaboración con Asoporcel. Así, fomentará as ganderías que traballan con esta raza e afondará na promoción dos produtos de porco celta na provincia de Pontevedra.