A Deputación de Pontevedra aumentará os apoios ás cooperativas do agro no 2025

A Deputación de Pontevedra aumentará os apoios ás cooperativas do agro no 2025

O presidente provincial, Luis López, na xornada Outonos Cooperativos.

Na xornada Outonos Cooperativos, celebrada na sede da Cooperativa O Rodo, en Rodeiro, Luis López, presidente da Deputación de Pontevedra, destacou o compromiso da institución provincial co sector primario e o rural. Entre as novidades para o ano que vén, López anunciou unha suba de 100.000 euros nas axudas a cooperativas agrogandeiras da provincia, que acadarán no 2025 a cifra de 350.000 euros.

“O sector primario é un dos máis importantes motores económicos da provincia e unha valiosa fonte de emprego que conta cuns profesionais concienciados co coidado do medio ambiente, coa produción de produtos de calidade e implicados na modernización das instalacións para ser máis competitivos e eficientes”, explicou Luis López.

Os Outonos Cooperativos, promovidos pola Dirección Xeral de Traballo Autónomo e Economía Social da Xunta de Galicia, son unha xornada que destaca o labor das cooperativas rurais. Nesta edición, a Sociedade Cooperativa Galega, O Rodo, acolleu o evento organizando unha visita guiada e faladoiros con representantes de varias cooperativas.

“Eu crecín neste Concello, Rodeiro é a miña casa; crieime no campo, sei ben o que supón atender cada día as vacas; e coñezo de primeira man, por experiencia persoal e profesional, as necesidades e a importancia que tedes neste sector”, destacou o presidente provincial.

Ademais, destacou a relevancia e a necesidade de fortalecer o apoio da Deputación ás cooperativas, como a liña de subvencións que no 2025 ascenderá a 350.000 euros. Tamén destacan outras medidas como a colaboración en eventos estratéxicos como a Semana Verde e a Feira Deza, o traballo do laboratorio da Finca Mouriscade e a “disposición permanente” para atender as necesidades do sector.

Por último, Luis López destacou a relevancia estratéxica do sector primario no Deza para afrontar retos como o desafío demográfico e a sustentabilidade. Ademais, reafirmou o compromiso do goberno provincial co desenvolvemento do medio rural.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información