A Deputación de Pontevedra aumenta as axudas destinadas ás comunidades de usuarios de augas

A Xunta de Goberno ampliou en preto de 207.000 euros os recursos do programa +Aqua 2025, que xa destinara 2,3 millóns de euros a 245 comunidades de augas da provincia

A Deputación de Pontevedra aumenta as axudas destinadas ás comunidades de usuarios de augas

As axudas destinadas ás comunidades de usuarios de augas chegarán, este ano, aos 2,5 millóns de euros na Deputación de Pontevedra. O Goberno provincial acaba de aprobar unha ampliación de preto de 207.000 euros dos recursos do programa +Aqua, que xa destinara 2,3 millóns de euros a 245 comunidades de augas da provincia.

“En liñas xerais, son xa 5 millóns de euros os recursos aprobados para o movemento veciñal neste 2025”,subliñou o presidente da Deputación, Luis López, ao recordar que se destinaron 2,1 millóns de euros para axudar as asociacións, no marco do Plan Provincia Comunitaria; 340.000 euros á regularización das traídas de augas, a través do +Novaqua, e agora mais de 2,5 millóns de euros para as comunidades de usuarios de augas.

Ao fío desta aposta do goberno provincial polo tecido asociativo e o movemento veciñal, o presidente provincial anunciou que o próximo martes, 9 de decembro, celebrarase a I Gala Provincia Comunitaria. Unha xornada que, tal e como informou López, servirá para “render homenaxe” ao asociacionismo da provincia e que terá lugar a partir das 18.00 horas no auditorio de Afundación en Pontevedra. “Prevemos reunir a centos de persoas e colectivos nun encontro de comunidade e celebración, que será presentado por Rocío Padín e Isi, e que servirá para poñer en valor todo o que este tecido asociativo e veciñal fai na nosa provincia”, subliñou o presidente.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información