A Deputación de Pontevedra abre as axudas a cooperativas do agro

As cooperativas agrogandeiras contan cunha liña de 350.000 euros, o que supón un aumento de 100.000 euros respecto ao ano pasado

A Deputación de Pontevedra abre as axudas a cooperativas do agro

Imaxe de arquivo.

A Deputación de Pontevedra vén de abrir hoxe, 14 de marzo, o prazo para que cooperativas agrogandeiras e outras entidades da provincia (confrarías) poidan solicitar axudas para o sector primario.

Esta contía supón un incremento de 200.000 euros respecto ao orzamento de 2024. As axudas distribuiranse por concorrencia competitiva, e as entidades interesadas terán 20 días hábiles para presentar as súa solicitudes.

Dentro deste orzamento, as cooperativas agrogandeiras contarán cunha liña específica de 350.000 euros, cun aumento de 100.000 euros respecto ao pasado ano. As subvencións cubrirán ata o 65% do investimento, con axudas entre 600 e 45.500 euros.

Estes fondos permitirán mellorar servizos, impulsar a comercialización e valorización de produtos, fomentar a formación, apoiar proxectos de innovación e promover o uso de novas tecnoloxías e enerxías renovables.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información