A Deputación de Lugo primará aos proveedores de proximidade para abastecer de alimentos aos centros de maiores

A Deputación de Lugo primará aos proveedores de proximidade para abastecer de alimentos aos centros de maiores

Mónica Freire acompañada polos edís de Ames David Santomil, Natividade González e Escarlata Pampín, e por Román Sánchez

Mónica Freire Rancaño, responsable da Área de Medio Rural, Mar e Mocidade da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, realizou unha visita institucional ao concello coruñés de Ames, para coñecer o funcionamento dos comedores escolares, a loxística de transporte e o subministro de produtos locais de alimentación. O obxectivo foi recabar información para primar tamén aos agricultores e gandeiros para que provean de alimentos de proximidade á Rede de Centros Públicos de Atención a Maiores da admistración provincial.

En concreto, a deputada visitou a Casa do Concello, a cociña do CEIP Agro do Muíño e o comedor do CEIP A Maía. Estivo acompañada polo concelleiro de Educación, David Santomil, e pola técnica do departamento de Educación, Rosa García. Ademais, sumouse á visita nos comedores escolares, Román Sánchez Besteiro, xerente da cooperativa luguesa, A Carqueixa, e coordinador da plataforma de comercio electrónico sondelugo.com, de distribución de produtos agroalimentarios da provincia de Lugo.

A deputada de Medio Rural, Mónica Freire, sinalou que “o obxectivo da visita foi coñecer o funcionamento dos comedores escolares de Ames, a loxística de transporte e o subministro de produtos locais de alimentación para estudar a súa posible aplicación na Rede de Centros Públicos de Atención a Maiores da Deputación Provincial de Lugo. En particular, a posibilidade de dotarse de provedores de proximidade”.

Un servizo de comedores escolares con produtos de proximidade para 1384 alumnos

O concelleiro de Educación, David Santomil, salientou que “este tipo de visitas institucionais resultan de interese para dar a coñecer o noso traballo, establecer liñas de colaboración e intercambiar  experiencias e coñecemento”. Ademais, David Santomil tamén explicou que non é a primeira visita que reciben interesándose sobre a xestión dos comedores escolares. “En novembro de 2019 tamén recibimos a visita do concello almeriense de Macael interesándose polos programas de conciliación da vida laboral e familiar de Ames”.

Os servizos complementarios de educación e conciliación, no que está incluída a Rede Municipal de Comedores Escolares, teñen como principal obxectivo conciliar a vida familiar e laboral de todos os veciños e veciñas de Ames. O servizo da rede de comedores escolares, un servizo xestionado directamente polo Concello, está dirixido ao alumnado de infantil e primaria. Actualmente, hai 1.384 alumnos/as matriculados/as nos comedores escolares para o curso 2021-2022. Deste total, 104 usuarios/as teñen un tratamento alimentario específico debido a algún tipo de alerxia ou intolerancia.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información