A Deputación de Lugo financiou con 2,2 millóns 311 actuacións para impulsar o sector primario

O goberno que preside Darío Campos concedeu axudas no 2016 a 65 actuacións en terras abandonadas coas que se puxeron en produción 520 hectáreas. Recibidas outras 500 solicitudes para as novas axudas de 2,2 millóns de euros que puxo en marcha o Goberno da Deputación para favorecer a vida no rural

A Deputación de Lugo financiou con 2,2 millóns 311 actuacións para impulsar o sector primario

Álvaro Santos Ramos e Darío Campos, presidente da Deputación de Lugo

O Executivo Provincial rematou este luns na Xunta de Goberno coa resolución do plan de impulso ao rural e ao sector primario, dotado de 2,2 millóns de euros na convocatoria de 2016. Con este orzamento, o Goberno da Deputación financiou 311 actuacións, que favorecen a actividade agrogandeira e a vida en pequenas localidades dos 67 Concellos lugueses.

Foron outras 311 as subvencións concedidas a colectivos veciñais de toda a provincia, que participaron nun proceso público de concorrencia competitiva aberto a toda á cidadanía. A súa finalidade foi a seguinte:

– Impulso ao sector agrogandeiro coa recuperación de terras abandonas. 65 axudas duns 230.000 euros foron para a recuperación de terras abandonadas, que serviron para pór en produción preto de 520 hectáreas que estaban baldías. Esta é unha medida pioneira nunha administración galega, que puxo en marcha a Deputación de Lugo.

– Impulso ao sector pesqueiro contribuíndo á pesca de baixura. 31 axudas de case 90.000 euros foron para melloras en embarcacións de pesca de baixura e dotación de novo equipamento.

– Impulso ao sector vitivinícola coa mellora de viñedos. 17 axudas de 88.800 euros foron para o acondicionamento de viñedos.

– Impulso ao sector hortícola co acondicionamento ou dotación de invernadoiros. 28 axudas de 126.600 euros foron para o acondicionamento ou dotación de invernadoiros.

– Impulso ao sector agrogandeiro e ao rural coa mellora accesos públicos. 65 axudas de 724.400 euros foron para o acondicionamento de accesos públicos a núcleos rurais cuxa principal actividade é o sector agrogandeiro, favorecendo, deste xeito, a actividade destes profesionais.

– Impulso ao sector agrogandeiro e ao rural coa dotación ou mellora de traídas de auga. 44 axudas de 603.000 euros foron para a dotación de novas traídas de auga ou mellora das existentes en núcleos rurais cuxa principal actividade é a agrogandeira.

– Impulso ao rural coa mellora de centros sociais. 61 axudas de 323.450 euros foron para obras de mellora ou dotación de equipamento a centros sociais de zonas rurais onde se levan a cabo actividades que dinamizan as pequenas localidades.

Outras 500 solicitudes para a nova convocatoria de axudas

Os técnicos provinciais están a avaliar preto doutras 500 solicitudes, que remitiron á Deputación outros tantos colectivos veciñais da provincia que concorren ás novas axudas tamén de 2,2 millóns de euros que puxo en marcha o Goberno Provincial para levar a cabo máis melloras de servizos públicos en pequenas localidades dos 67 Concellos, que favorezan a vida no rural e do rural.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información