A Deputación de Lugo e ASEFOGA colaboran para impulsar o cultivo de froitos do bosque

O convenio entre ambas entidades busca diversificar a economía rural e xerar emprego no sector primario lucense

Publicidade
A Deputación de Lugo e ASEFOGA colaboran para impulsar o cultivo de froitos do bosque

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, firmou un acordo de colaboración con Jacobo Feijóo Lamas, presidente da Asociación Sectorial Forestal Galega (ASEFOGA). Este convenio, dotado cunha achega de 40.000€ por parte da institución provincial, ten como finalidade diversificar o sector primario da provincia, xerando emprego e valor engadido no rural de Lugo.

A iniciativa inclúe a creación dunha rede de oficinas nos concellos de Becerreá, Chantada, A Fonsagrada, Guitiriz, Lugo, Monterroso, Viveiro, Sarria e Vilalba. Estes puntos de asesoramento ofrecerán atención presencial por técnicos especializados e soporte a distancia a través de redes sociais e medios dixitais. Ademais, están previstas dúas xornadas técnicas que abordarán as diferentes especies de froitos do bosque, técnicas de cultivo e a súa viabilidade económica como alternativa na produción agrícola provincial.

Como parte do convenio, a Deputación financiará tamén o mantemento dunha parcela piloto dedicada ao cultivo de froitos do bosque na provincia. Esta parcela servirá para realizar seguimentos continuos e prácticos sobre a xestión eficaz destes cultivos, incluíndo tarefas como podas, reposición de plantas e colleita.

Os froitos do bosque, como moras, arandos e framboesas, son recoñecidos pola súa rusticidade e alta rendibilidade en pequenas parcelas, ademais do seu valor elevado no mercado, o que os converte nunha opción atractiva para a agricultura en Lugo.

Este acordo reafirma o compromiso da Deputación de Lugo e de ASEFOGA coa innovación no sector primario, procurando un futuro máis próspero e sostible para o rural galego.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información