A Deputación da Coruña impulsa a implantación dun programa de rastrexabilidade nos viveiros produtores de planta

A entidade mantivo unha reunión coa Asociación de Viveristas do Noroeste para analizar a subvención e destaca que a rastrexabilidade é un requisito fundamental para acceder a certificacións de calidade demandadas polos principais compradores europeos

A Deputación da Coruña impulsa a implantación dun programa de rastrexabilidade nos viveiros produtores de planta

Representantes da Asociación de Empresarios Viveristas do Noroeste (ASVINOR) reuníronse coa deputada de Mar e Medio Rural da Deputación da Coruña, Cristina Capelán, para analizar a subvención promovida pola Deputación destinada a impulsar a formación, o asesoramento e a implantación dun programa de rastrexabilidade nos viveiros produtores de planta da provincia.

Capelán puxo en valor a importancia desta iniciativa para un sector importante no medio rural coruñés, destacando que a produción de planta é unha actividade clave tanto pola súa capacidade de xeración de emprego como polo seu papel na fixación de poboación no rural.

A provincia da Coruña concentra o maior número de produtores autorizados de planta de Galicia, representando máis do 40 % do total autonómico. Deste xeito, a subvención permitirá desenvolver un sistema de rastrexabilidade adaptado ás distintas tipoloxías de viveiros, facilitando o cumprimento dos requisitos normativos e mellorando a competitividade das explotacións.

O proxecto inclúe accións de análise das necesidades legais, deseño dunha ferramenta dixital de control, formación específica para viveiristas e asesoramento personalizado para a súa implantación. Ademais, destaca que a rastrexabilidade é un requisito fundamental para acceder a certificacións de calidade demandadas polos principais compradores europeos, como Global GAP ou MPS, así como para a obtención do pasaporte fitosanitario.

Dende a Asociación valoraron positivamente o apoio da Deputación e destacaron que a iniciativa contribuirá a garantir a continuidade dos viveiros produtores, mellorar a comercialización da planta e reforzar o posicionamento da produción coruñesa tanto a nivel estatal como europeo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información