A Deputación da Coruña destina máis de 436.000 euros a impulsar o sector agrario na provincia

formoso granxa cap coruna 2A Deputación da Coruña vén de resolver de maneira definitiva dúas liñas de subvencións destinadas a apoiar o tecido asociativo agrario, labrego, gandeiro, forestal e cazador da provincia cun investimento conxunto de 436.347 euros.

Por unha banda, a institución provincial publicou no Boletín Oficial da Provincia (BOP) a concesión definitiva do programa de axudas a investimentos, ao que accederán 25 entidades entre as que se distribuirán un total de 211.371 euros.

Do mesmo xeito, publicouse a resolución definitiva do programa destinado a apoiar as actividades das asociacións e federacións deste sector durante o ano 2025, cun orzamento de 224.976 euros.

Entre as actuacións financiadas grazas a estas liñas de axudas atópanse as rozas preventivas, que axudan á prevención de lumes, as melloras de camiños, proxectos de recuperación de especies autóctonas, actividades formativas e iniciativas para optimizar os procesos produtivos coa adquisición de maquinarias e a mellora das instalacións e dos equipos informáticos.

Con estas subvencións refórzase o compromiso da entidade provincial co desenvolvemento do rural e co fomento de prácticas respectuosas co medio ambiente.

Listaxe das entidades beneficiarias para a realización de investimentos: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2025/08/06/2025_0000005173.html

Listaxe das entidades beneficiarias para actividades en 2025: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2025/08/06/2025_0000005125.html

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información