Denuncian unha estratexia de matadoiros e distribución para afogar aos cunicultores

Denuncian unha estratexia de matadoiros e distribución para afogar aos cunicultores

Mobilización dos cunicultores en Santiago o pasado outubro

A Unión de Pequeños Agricultores y Ganaderos (UPA), na que está integrada Unións Agrarias, volve denunciar “a situación extrema dos productores de coello, que acumulan perdas de máis de 50 millóns de euros nos últimos dous anos e medio”. Esta organización apunta a varios grupos de matadoiros que deseñarían unha estratexia de “control total” do sector, para o que sería “imprescindible” acabar cos gandeiros independentes.

Nunha reunión que se celebrará este venres, UPA vai propoñer ao conxunto do sector convocar mobilizacións urxentes, que culminarían cunha gran manifestación en Madrid nas próximas semanas.

A distribución tamén estaría detrás desta crise, xa que utiliza “ao seu antollo a carne de coello, unhas veces banalizándola, outras como produto reclamo e outras con marxes abusivas, duplicando o valor dos seus beneficios”.

Piden ao Ministerio que aprobe medidas de apoio económico aos produtores

UPA pediu ao Ministerio de Agricultura que non se poña de lado nesta crise e “actúe pensando no futuro dun sector capital en moitas zonas de España”. “Os cunicultores necesitan un plan de rescate que recolla medidas económicas e sociais para resolver as situacións críticas en que se atopan”, demandan desde a organización agraria.

Entre esas medidas están a moratoria e adiamento dos créditos, o financiamento e refinanciamento da débeda, as axudas directas (de mínimis) ata un máximo de 15.000 euros por explotación e unha intervención de compra do FEGA de máis de 1,5 millóns de toneladas carne de coello conxelada para a súa distribución aos colectivos máis necesitados.

“De non concretarse en breve este plan de axuda, máis da metade das explotacións corren o risco de desaparecer”, describiron desde UPA. “Especialmente vulnerables son aquelas explotacións que apostaron pola modernización, en xeral de xente nova e que están xa ou estarán en situación de quebra técnica nos próximos dous meses”, advirten.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información