Denuncian que parte dos agricultores da Limia quedan sen redución no IRPF

Publicidade
Denuncian que parte dos agricultores da Limia quedan sen redución no IRPF

Cereal na Limia

O sindicato Unións Agrarias denuncia a “falta de coherencia” na redución de módulos do IRPF de 2016, anunciada hai unhas semanas polo Goberno e publicada no BOE do 4 de maio. En concreto, segundo se reflicte no texto do anuncio, está previsto que seis concellos da comarca da Limia (Baltar, Vilar de Barrio, Calvos de Randín, A Porqueira, Rairiz de Veiga e Os Blancos) tributen polo índice de rendemento neto do 0,18 en producións como o cereal ou a pataca.

Sen embargo, noutros municipios como Sandiás, Sarreaus, Trasmiras, Vilar de Santos, Xinzo de Limia e Xunqueira de Ambía, as mesmas producións poderán acollerse ao índice máis reducido do 0,13, polo que renderán tributariamente menores cantidades na Declaración da Renda.

6 Concellos de A Limia cotizarán o 0,18 e non o 0,13 como os demais

Para o sindicato, que estivo loitando porque se producira unha rebaixa do 0,26 que estaba previsto a niveis impositivos máis soportables dada crise que soportan as explotacións, “non ten ningunha lóxica que as principais zonas cerealeiras galegas queden fóra da adecuación tributaria, sobre todo tendo en conta os danos producidos polas xeadas nos cultivos, especialmente no trigo de primavera”.

Neste sentido, o sindicato agarda que “este descontrol se deba a un erro do Ministerio de Facenda e Función Pública e que de inmediato se normalicen os datos”. “Do contrario -advirten-, estudaremos as medidas de denuncia mais efectivas, xunto cos concellos afectados, para frear o agravio comparativo entre produtores”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información