Denuncian que a Xunta exclúe das axudas para autónomos aos agricultores e gandeiros con rendas baixas

Unións Agrarias e Sindicato Labrego Galego instan á Xunta a rectificar de inmediato as condicións de acceso ás axudas do Programa Impacto Autónomo. As dúas organizacións consideran “intolerables os límites impostos pola administración autómica; que deixan fóra da convocatoria á práctica totalidade das explotacións de vacún de carne da Comunidade e vetan aos profesionais coas rendas máis baixas, quen máis precisa deste apoio”.

En concreto, as axudas da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade para minimizar as consecuencias da suba dos custos na actividade das persoas autónomas e das microempresas excúen aos traballadores con rendementos inferiores aos 10.000€.

Alén disto, Unións Agrarias e Sindicato Labrego instan á Xunta a ampliar a contía orzamentaria para estas axudas e chaman a atención sobre “a gran cantidade de traballadores que quedarán excluídos debido ao cativo gasto que a administración autonómica destina a unha medida que semella ter máis de afán propagandístico que de vontade real de converterse nun apoio efectivo para quen precisa dela”.

As organizacións agrogandeiras poñenn o foco ademais no feito de que a solicitude de axudas tan só poida tramitarse a través da sede electrónica da Xunta de Galicia. “Un factor que supón unha discriminación para a poboación do rural, que padece a fenda dixital; e que supón un agravio comparativo, pois impedirá o acceso en igualdade de condicións respecto á cidadanía de contornas urbanas cunha mellor cobertura dixital”, advirten.” Algo máis grave aínda -engaden- habida conta de que as axudas se concederán por orde de solicitude e ata esgotamento de crédito”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información