Denuncian que a campaña de Carrefour/Cepsa é un insulto aos gandeiros

Carrefour e Cepsa regalan 6 bricks por cada 10 euros de gasto en combustible. UUAA convida ós produtores a pagar en reciprocidade, a gasolina con leite

Denuncian que a campaña de Carrefour/Cepsa é un insulto aos gandeiros

Folleto de la campaña de Carrefour

O sindicato Unións Agrarias denuncia “a total falta de sensibilidade e respecto aos gandeiros” que se desprende da campaña de “banalización do leite” que tanto Carrefour como Cepsa puxeron en marcha regalando 6 bricks por cada 10 euros de gasto en combustible, (aproximadamente 6 litros de gasolina). A organización agraria convida aos produtores lácteos a que “en xusta reciprocidade, abonen o custe dos seus repostaxes coa mesma moeda, en litros de leite”.

O sindicato chama aos consumidores e consumidoras que “fagan unha compra responsable e solidaria coas familias de gandeiros que teñen que malvender a súa produción para que os donos de empresas como, Carrefour, Día, Eroski, Lidl ou Gadis sigan engordando as súas contas bancarias”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información