Denuncian o desplome do prezo da leituga nun 50% debido ás prácticas dos supermercados

Publicidade
Denuncian o desplome do prezo da leituga nun 50% debido ás prácticas dos supermercados

Unións Agrarias denuncia a “inaceptable actitude das grandes cadeas de distribución; que levan meses empregando a leituga como produto reclamo e propiciando unha caída de prezos que está a afogar aos produtores galegos”. A organización agraria advirte de que dende o inicio da pandemia o prezo de venda ao público desta hortaliza baixou en máis dun 50%. Unha situación que está a provocar un efecto arrastre e devaluando os ingresos dos agricultores galegos.

“O que arrincou como unha inciativa de Mercadona, que hai algún meses comezou a vender as leitugas ao peso en lugar de por unidade; en seguida provocou unha caída do prezo desta hortaliza que Gadis, Lidl e Día non dubidaron en aproveitar. O que ten levado a unha devaluación xeralizada deste produto por parte da distribución que está a afogar aos produtores e a deixar sen marxe de beneficio a un sector esencial”, denuncian dende Unións.

A organización agraria critica a “inaceptable actitude das grandes cadeas de supermercados que están a vender a leituga a 35 céntimos: máis dun 50% menos do prezo de venda ao público habitual, e moi por debaixo dos 48 que os agricultores viñan cobrando”.

Ante esta situación, Unións fai un chamamento á responsabilidade e insta a Mercadona, Gadis, Lidl e Dia a recapacitar. Ao tempo que reclama que as administracións “tomen parte e actúen con contundencia ante unhas prácticas que devalúan as producións agrícolas o que supoñen un duro ataque á rendabilidade dos agricultores galegos”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información