Denuncian o “caos administrativo” no Fogga polas dimisións e a falta de persoal

Unións Agrarias denuncia os atrasos nos pagos das axudas pola falta de persoal e o “caos administrativo” no Fogga. Alerta de que “resulta moi preocupante ao coincidir coa tramitación da campaña da PAC”

Denuncian o “caos administrativo” no Fogga polas dimisións e a falta de persoal

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, durante unha reunión no Fogga

O sindicato Unións Agrarias denuncia os retrasos na tramitación das axudas da Pac pola situación que denuncia de “falta de persoal e caos administrativo que se ten instalado desde hai meses na unidade de xestión do Fogga”, dependente da Consellería de Medio Rural.

“Tal como ten sabido o sindicato, a través dos propios traballadores do departamento, os traslados nos postos de traballo e a falta de cobertura das baixas van traer consigo que os produtores reciban tarde e mal os fondos comunitarios que teñen solicitado”, advirten dende a organización agraria.

E é que nas últimas semanas sucedéronse as dimisións dentro do Fogga, empezando polo seu subdirector, José Ángel Burgo, ante o que consideran falta de apoio e de medios por parte da Consellería.

Neste sentido, desde Unións denuncian que “non se entende que en plena campaña da Pac a Consellería non consiga poñer orde nos equipos de tramitación para evitar atrasos, cando moitas explotacións galegas están en perdas, polo que a entrada de fondos derivados da Pac resultan imprescindibles para afrontar minimamente os pagos”.

E é que explotacións gandeiras de Galicia tiveron acumularon atrasos en recibir as axudas da Pac correspondentes ao ano 2015, e nalgúns casos aínda perduran os impagos das anualidades tanto do 2015 como do 2016, segundo advirte o sindicato agrario.

Una idea sobre “Denuncian o “caos administrativo” no Fogga polas dimisións e a falta de persoal

  1. Maria Gutierrez

    Pois que teñan o caos que queiran pero os gandeiros e agricultores temos dereito a recibir a tempo as subvencións que temos concedidas e que non se dilaten os pagos ata o verán. ¿Ou e que vos non comedes ata o verán?

    Contestar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información