Denuncian a forte caída do prezo do coello, “sen causas obxectivas”

Denuncian a forte caída do prezo do coello, “sen causas obxectivas”

Granxa de coellos

A Unión de Pequeños Agricultores y Ganaderos (UPA), protesta polo que considera “pavorosa baixada do prezo do coello de trinta céntimos en tan só catorce días, 15 céntimos o 2 de decembro e 15 máis o día 9”, pasando de 2 euros o quilo a 1,70 euros na última semana, por baixo dos custos de produción.

UPA denuncia que esta caída de prezos “non coincide con variacións significativas de oferta ou demanda que a xustifiquen”. “Isto estremece aínda máis a un sector que xa leva máis de dous anos soportando unha crise alarmante”, explican na organización agraria.

Neste sentido, denuncia “a falta de estabilidade dos prezos en orixe cando no resto de elos da cadea si existen contratos estables de polo menos seis meses”. “Non houbo variacións de oferta nin demanda que xustifiquen a recente baixada”, aseverou Román Santalla, secretario de Gandería de UPA.

Deste xeito, a organización agraria considera que termina o ano 2016 dunha forma “tráxica” para o sector cunícola. Desde UPA informan de que España xa conta con menos de 1.400 explotacións, cifra que contrasta coas 3.087 granxas que existían no ano 2011. Ademais, unha parte importante destas granxas, están en “situación económica ruinosa”, xa que o sector acumula perdas de 60 millóns.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información