Denuncian a Carrefour por regalar 6 litros de leite por 25 euros de compra

Denuncian a Carrefour por regalar 6 litros de leite por 25 euros de compra

A Organización de Produtores de Leche (Opl) denuncia certas ofertas realizadas por algunhas superficies comerciais, nas que se regala o leite, por unha compra dun importe determinado.

En concreto, refírese á campaña de Carrefour en Medina de Rioseco (Valladolid) pola que durante a próxima semana anuncia que regalará 6 litros de leite da súa marca branca por 25 euros de compra, unha oferta que a multinacional francesa ha repetido noutras ocasións. Tras a denuncia da Opl, a cadea de supermercados retirou a súa oferta do seu muro de Facebook.

Desde a organización gandeira critican que “deste xeito non se está cumprindo o acordo asinado o 23 de setembro de 2015, onde industria, distribución e Ministerio de Agricultura mostraron o seu compromiso (…) a non banalizar o produto e darlle o seu xusto valor na cadea, cousa que con ´promocións´ ou ´ofertas´ coma esta nin moito menos se cumpre e parécenos unha vergoña”.

“Carrefour e Lactalis incumpren claramente o acordo”

O presidente da Opl, José Alberto Martín, lamenta que con esta situación “seguimos vendo que ese acordo só foi un escaparate e nada se está cumprindo, nin por parte da distribución nin tampouco por parte da industria, ao non trasladar ao gandeiro parte da subida acordada”. Neste sentido, citan o caso de Lactalis, da que sinalan que como a outra multinacional francesa da distribución, Carrefour, “incumpren clara e descaradamente o acordo”. Asemade, lembra que os produtores tampouco viron ningún tipo de sancións exemplares ás empresas incumpridoras.

Ademais, desde a Opl advirten que “os gandeiros estamos cansados de acordos que non serven de nada e máis aínda vendo como os prezos do leite noutros países tanto de Europa como de fóra presentan, estes meses, distintas subidas, mentres en España a gran maioría de granxas aínda non percibiu nin un céntimo á alza”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información