Denuncian as baixadas de prezos do leite nos supermercados: A última , de LIDL, a 0,73 euros o litro

A organización agrogandeira vacas ENBA denuncia as baixadas no leite que están a acometer os supermercados, a última de LIDL promocionando o seu leite de marca propia Milbona -leite alemán envasado naquel país- en España a 0,73 euros o litro, algo que advirten acabará arrastrando á baixa os prezos en orixe que se lle pagan aos gandeiros.

promo leite LIDL

Segundo ENBA, “a guerra de prezos que se daba no leite enteiro na distribución freouse e actualmente, a guerra ampliouse ao leite desnatado e semidesnatado, ampliando notablemente o diferencial que até agora había entre o leite enteiro para co leite desnatado e semidesnatado, creando unha gran fenda entre eles”.

“Reflexo diso -denuncian- é a oferta de LIDL destes últimos días (ofertando o leite desnatado a 0,73 euros/litro), comportamento que se estende ao resto de cadeas como ALCAMPO (0,76), EROSKI (0,80), MERCADONA (0,80), CARREFOUR (0,78) e BM (0,78), nalgúns casos coa súa propia marca e noutros con marcas externas de primeiro prezo”.

En opinión de ENBA, 2de continuar con esta tendencia, a consecuencia directa será a baixada do prezo abonado aos gandeiros, como estamos a comprobar xa nalgúns casos e desde ENBA, afirmamos publicamente que non estamos dispostos a tolerar este tipo de actuacións”.

É por iso que desde ENBA faise un chamamento moi especial ao conxunto das cadeas de distribución para que “freen este tipo de condutas de risco e actuen con responsabilidade”. Do mesmo xeito, fan un chamamento ao Goberno Basco para que convoque a mesa láctea a fin de tratar esta situación e, aos consumidores, “querémoslles facer chegar o perigo que estas actitudes carrexan pondo en risco a pervivencia do sector produtor”.

Finalmente, advirten á cadea de distribución LIDL que, “en caso de non retirar a oferta prevista para o período do 24 ao 30 de Xuño, a organización ENBA mobilizarase ante os seus establecementos”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información