Denuncian a falta de apoios aos pequenos viticultores da Ribeira Sacra

Publicidade
Denuncian a falta de apoios aos pequenos viticultores da Ribeira Sacra

Imaxe de arquivo.

A publicación da Orde de Axudas pola Xunta de Galiza, o pasado 30 de decembro, de apoio aos viticultores da Ribeira Sacra, con axudas vinculaas ao mantemento da paisaxe, suscitou críticas por parte da  Asociación Galega de Viticultura (AGV).

En concreto, indican que “a Xunta destaca na súa Orde a importancia da Ribeira Sacra para a súa candidatura a Patrimonio Mundial da Humanidade pola UNESCO en 2026, subliñando o valor paisaxístico da zona, pero sen mencionar o papel fundamental da viticultura”.

A exposición de motivos da Orde menciona a viticultura como unha contribución “moi significativa á singularidade paisaxística”, relegando a actividade vitivinícola a un papel secundario sendo este “un sector económico fundamental e sustento da poboación que vive na zona”, como explica a AGV.

A situación agrávase cando a viticultura na Ribeira Sacra “no 2024 experimentou o peor momento da súa crise” coas adegas deixando uvas sen recoller durante a pasada vendima. Neste snetido, a asociación denuncia que as axudas publicadas “non abordan de forma integral os problemas que sofren as viticultoras e viticultores”.

Consideran que as medidas favorecen “ás persoas viticultoras que teñen máis terreo e máis poder adquisitivo”, deixando sen solución aos pequenos viticultores que producen un produto de calidade, “pero non ven solución aos problemas económicos que lles causa a crise”.

As críticas apuntan á “falta de apoio social e económico directo para o sector, que reclama solucións máis específicas e un apoio real que garanta a continuidade das explotacións vitivinícolas e a sostibilidade da Ribeira Sacra como zona vitícola”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información