Denunciadas tres cadeas de supermercados por alineamento do prezo do leite

Denunciadas tres cadeas de supermercados por alineamento do prezo do leite

Leite de marca branca de Mercadona. / Arquivo.

A organización agraria Unión de Uniones, conxuntamente con Unió de Pagesos de Cataluña, presentou unha denuncia contra tres supermercados ante a Comisión Nacional de la Competencia. A organización pide que se sancione a Mercadona, Lidl y Bonpreu pola alineación de prezos que presentaban os seus leites de marca branca entre finais do 2018 e comezos do 2022.

Os indicios que aporta a organización na súa denuncia é o mero seguemento dos prezos semanais das tres cadeas de supermercados ao longo de máis de tres anos. Unión de Uniones sostén que o importe das variacións de prezo e o momento de aplicalas coincide nos tres supermercados.

Destes datos, a organización agraria argumenta que pode derivarse a existencia de comportamentos que poñen en entredito a formal autonomía de cada cadea de supermercados, “con prácticas concertadas ou conscientemente paralelas”. Sinala ademais que outras cadeas de supermercados seguiron estes movementos de prezos, en especial na súa versión semidesnatada e desnatada.

Unión de Uniones conclúe indicando que estas prácticas revelan o poder de negociación das cadeas de distribución fronte ás industrias lácteas, o que en último termo remata por repercutir nos gandeiros, pois durante os anos obxecto de denuncia, 2018-2022, os prezos do leite de marca branca estaban presionando á baixa os prezos no campo.

Ese escenario, sen embargo, cambiou drasticamente no último ano e medio, cando os prezos do leite de marca branca pasaron de menos de 60 céntimos a arredor de 80 céntimos, permitindo a súa vez que no campo se acadaran cotizacións históricas polo litro de leite.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información