A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Densidade leira a leira: esa é a diferenza Dekalb®

Densidade leira a leira: esa é a diferenza Dekalb®

No cultivo de millo, para alcanzar o máximo rendemento, a densidade de sementeira óptima é fundamental. Para definir cal é a densidade óptima no teu campo, primeiro debemos coñecer o potencial do terreo e o híbrido que imos sementar. En DEKALB, ofrecémosche a densidade ideal grazas a que xeramos curvas precisas de resposta á densidade para todos os nosos híbridos, en diferentes solos e ambientes.

Potencial do campo

O potencial dun campo depende de tres factores principais: o chan, a climatoloxía e as prácticas agronómicas. A fertilidade do solo está determinada por numerosas variables, como a cantidade de materia orgánica presente, a textura e a dispoñibilidade de auga. Este tres factores varían leira a leira. É a combinación dos mesmos a que se traduce en potencial de rendemento. En chans de alto potencial produtivo, é recomendable un investimento maior porque a rendibilidade é superior cun alto rendemento. En solos de baixo potencial produtivo, unha densidade de sementeira máis baixa reduce os custos e a tensión das plantas, levando a uns bos resultados.

En ambos os casos o retorno do investimento está maximizado, porque as decisións de sementeira tómanse considerando as condicións particulares de cada campo.

DEKALB 1

Elección do híbrido

A densidade de sementeira debe variar tamén en función do híbrido e das condicións climáticas de cada terreo, debido a que non todos os híbridos reaccionan da mesma forma a todas as densidades e ambientes.

Nos nosos DEKALB® Technology Centers, testamos os nosos híbridos a 6 densidades diferentes e en distintos ambientes. Xeramos miles de puntos de datos para crear a curva de resposta á densidade de cada híbrido DEKALB® e, dese xeito, sermos quen de recomendarche a densidade óptima de semente para o teu campo, en función das túas condicións particulares.

Mediante estas recomendacións, podes estar seguro de sementar o híbrido máis adecuado á densidade idónea para o teu campo e ambiente particular, maximizando o teu beneficio.

Os compoñentes de rendemento no millo inclúen as mazarocas por hectárea, número de filas, número de fileiras e tamaño do gran. Todos eles están influenciados por factores xenéticos, prácticas agronómicas e condicións ambientais. Cada híbrido responde dunha maneira única ao ambiente e á densidade de sementeira escollida, en función da súa flexibilidade e habilidade para adaptar os seus compoñentes do rendemento nunha alta poboación de plantas.

Baseándonos na ampla rede de ensaios de DEKALB®, podemos ofrecerche a recomendación de densidade óptima para as túas necesidades e características, a nivel xeral do teu campo; ou a nivel máis específico, metro a metro, con prescricións de densidade variable.

DEKALB 2

Descobre máis en www.dekalb.es sobre como DEKALB® pode axudarche no teu cultivo de millo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *