A Denominación de Orixe Ribeira Sacra pecha a vendima 2025 cun total de 4,61 millóns quilos de uva recollidos

Publicidade

ribeira sacra FIN VENDIMIAA Denominación de Orixe Ribeira Sacra pechou a vendima 2025 o día 9 de outubro cun total de 4.617.965 quilos de uva recollidos entre 83 adegas. A campaña despídese cun claro protagonismo das variedades tintas, que acadan os 3.552.736 quilos, coa Mencía como variedade maioritaria. As uvas brancas suman 1.065.229 quilos, destacando o peso do Godello.

Un ano máis, o Consello Regulador agradece o traballo do sector vitivinícola e reafirma o seu compromiso coa transparencia e a calidade. A campaña conclúe con boas perspectivas para os viños que nacerán desta colleita, reflexo do esforzo e da singularidade da Ribeira Sacra.

  • Variedades tintas: 3.552.736 kg

    • Mencía: 3.194.480 kg

    • Garnacha: 91.284 kg

    • Brancellao: 75.155 kg

    • Merenzao: 49.889 kg

    • Caiño: 26.416 kg

    • Grao Negro: 790 kg

    • Mouratón: 7.454 kg

    • Sousón: 90.783 kg

    • Tempranillo: 16.485 kg

  • Variedades brancas: 1.065.229 kg

    • Albariño: 61.893 kg

    • Godello: 924.869 kg

    • Treixadura: 56.766 kg

    • Branco Lexitimo: 9.317 kg

    • Dona Branca: 8.637 kg

    • Loureira: 2.719 kg

    • Torrontés: 938 kg

    • Caiño Branco: 90 kg

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información