A Denominación de Orixe afianza a marca Valdeorras en Alemaña na 36ª Feira ProWein

O stand do Consello Regulador recibiu máis de 70 visitas de profesionais chegados de 17 países diferentes

Publicidade

ProWein2Despois de tres días de intenso traballo ininterrumpido, a delegación da Denominación de Orixe Valdeorras regresou da feira internacional ProWein, en Düsseldorf, Alemaña, realizando “un balance moi positivo”. Así o explica o seu presidente, Marcos Prada Ginzo, que salienta “a gran afluencia de visitas” que recibiron no stand da D.O., de alrededor de 17 países diferentes, “sendo os de máis afluencia Alemaña, Holanda e Bélxica, e os máis curiosos Turquía e Chipre”.

En total, tal e como apunta o director técnico da D.O. Valdeorras, Jorge Mazaira, “foron máis de 70 visitas, nas que observamos que hai coñecemento de marca porque en varios casos, os visitantes viñan a probar 3 ou 4 viños específicos que xa coñecían e quería probar, o tiñan claro”, conta.

Para a delegación da D.O. Valdeorras, a razón principal de intensificar a súa presenza en feiras internacionais como ProWein, non é outra que a de “promocionar a marca Valdeorras”, coa intención de “ampliar mercados e fidelizar aos que xa temos”, explicou Prada Ginzo.

Trala experiencia deste ano, “as expectativas están claras: volveremos o ano que vén a esta feira porque segue sendo de referencia, un punto de encontro a nivel mundial dos importadores máis importantes”, asegurou Mazaira.

ProWein 2026

A edición número 36 da Feira abriu as súas portas o pasado domingo día 15 de marzo. A Denominación de Orixe Valdeorras estivo presente cun total de 30 viños amparados de 15 adegas diferentes. Deles, 24 referencias de viño branco, todas elas da variedade godello, e outras 6 referencias de viño tinto.

Nesta edición, Prowein 2026 contou con 4.000 expositores de máis de 65 países, representando a máis de 500 rexións vitivinícolas.

A delegación da D.O. Valdeorras acudiu baixo o amparao da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (AGACAL), integrándose co resto de denominacións vitivinícolas de Galicia.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información