Dende este xoves poden volver solicitarse en Galicia permisos para queimas de restos agrícolas e forestais

A Consellería do Medio Rural permitirá de novo desde mañá xoves, día 25 de marzo, tramitar permisos para facer queimas de acordo coa normativa de aplicación, xa que as actuais condicións meteorolóxicas así o permiten. Isto significa que o sábado 27 será o primeiro día no que se poderán realizar queimas previamente comunicadas.

Polo tanto, a partir de mañá ás 00.00 h. poderanse realizar as comunicacións e solicitudes de autorización de queimas a través da web da Consellería do Medio Rural .Ademais, en días laborables, tamén estará a disposición dos cidadáns o teléfono 012 para comunicar as queimas.

Así, os cidadáns que desexen queimar restos agrícolas amoreados nas zonas que determina a devandita lei nos períodos habilitados deberán comunicalo dous días antes. No caso de queimas de restos forestais amoreados, deberase solicitar unha autorización, xa que o proceso de tramitación é maior. En todo caso, dende a Xunta lembran que as autorizacións e comunicacións deixan de ter validez nos días que hai vento e altas temperaturas.

Máis información, aquí: http://mediorural.xunta.gal/areas/forestal/queimas/

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información