Dende este luns poden volver solicitarse permisos de queimas de restos agrícolas e forestais

As tarefas permanecían suspendidas debido ás condicións meteorolóxicas. O mércores 23 será o primeiro día para realizar as queimas comunicadas

Dende este luns poden volver solicitarse permisos de queimas de restos agrícolas e forestais

Traballos de queima de restos agrícolas e de poda. // Foto de arquivo.

A Consellería do Medio Rural permite desde hoxe tramitar de novo permisos para facer queimas, despois de que fosen prohibidas dende finais de xaneiro debido ás condicións meteorolóxicas. Deste xeito, o mércores 23 será o primeiro día para realizar queimas previamente comunicadas.

Os interesados poderán realizar as comunicacións e solicitudes de autorización de queimas a través da web do Medio Rural de acordo co establecido no artigo 34 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia. Ademais, en días laborables, tamén estará a disposición dos cidadáns o teléfono 012 para comunicar as queimas.

Os cidadáns que desexen queimar restos agrícolas amoreados nas zonas que determina a devandita lei nos períodos habilitados deberán comunicalo dous días antes. No caso de queimas de restos forestais amoreados, deberase solicitar unha autorización debido ao risco da actuación, sendo maior o proceso de tramitación.

Cómpre ter presente que as autorizacións e comunicacións deixan de ter validez nos días de vento e altas temperaturas.

-Consulta aquí máis información para a tramitación dos permisos que queimas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información