Demandas da Xunta ao Ministerio de Agricultura para mellorar os contratos lácteos

Propóñense, entre outras, medidas como a de prorrogar automaticamente os contratos se non hai acordo no prezo, garantindo a recollida do leite durante o período de tempo de negociación e evitando a perda do non recollido

GALLARDO SC (Mazaricos) eficiencia enerxetica placas intercambiadoras tanque leiteO director xeral da PAC e do Control da Cadea Alimentaria da Consellería do Medio Rural, Juan José Cerviño, reiterou este mércores ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA), varias demandas de Galicia relacionadas co chamado paquete lácteo e orientadas á mellora da posición negociadora dos produtores e tamén á optimización dos contratos do leite.

Foi durante a súa participación, de forma telemática, nas xornadas de reflexión sobre esta materia organizadas polo MAPA e que tiveron lugar este martes e mércores, coa participación de diversos expertos, tanto do propio Ministerio como doutras comunidades autónomas e de entidades como a patronal láctea Fenil. O denominado paquete lácteo e a Lei da cadea alimentarias son aplicadas en España co fin de mellorar o equilibrio na cadea de valor do sector leiteiro.

Neste contexto, o director xeral insistiu nas reclamacións de Galicia, que se concretan no fomento do fortalecemento da posición negociadora dos produtores, promovendo a súa integración en organizacións de produtores lácteos (OPL). Tamén, nunha serie de medidas para reforzar a eficacia da normativa. Entre elas, salienta a de que para a presentación dun novo contrato se permita rexeitar ofertas non só pola duración, senón tamén polo prezo, garantindo que o prezo no contrato final non sexa inferior ao rexeitado.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información