Demandan a autorización de esperas ó lobo por danos en Chantada

Demandan a autorización de esperas ó lobo por danos en Chantada

Peche de prevención de ataques de lobo. / Arquivo.

A organización Unións Agrarias emitiu un comunicado para advertir de “continuos ataques de lobos que están sufrindo as ganderías do concello de Chantada”. En concreto nas parroquias de Vilatuxe, Santa Euxenia de Asma, Laxe ou San Pedro de Viana, son constantes as incursións das mandas co resultado de varias vacas e becerros mortos, segundo sinala Unións.

Unións Agrarias empraza á Xunta a unha “acción decidida” para controlar con criterios técnicos o volume das poboacións de lobo, “de xeito que se poida manter a convivencia entre a fauna salvaxe e a actividade gandeira”. A organización propón un cambio normativo similar ao que xa está vixente en Asturias, para realizar esperas por parte de equipos de caza específicos, á marxe dos Tecores.

A organización demanda ademais un reforzo orzamentario das indemnizacións compensatorias. Por último, Unións avoga por unha “verdadeira xestión do lobo en Galicia, o que implica o control puntual das poboacións nas zonas gandeiras, de maior risco e número de ataques”. A organización plantea tamén medidas complementarias “que se se deben adoptar con criterios científicos”, como a alimentación puntual con muladares temporais.
 
“A conservación do lobo é unha tarefa de toda a sociedade, non debe recaer só na economía do agro”, conclúe Unións.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información