O modelo DeLaval VMSTM V300 modelo 2025 incorpora a última tecnoloxía para que o muxido automatizado sexa mellor ca nunca. Máis intelixente, máis rápido, máis suave e máis flexible grazas a varias características clave:
- Muxido Flow-ResponsiveTM: Esta nova funcionalidade establece un novo estándar para o muxido automatizado ao manter o baleiro constante na punta do teto, de forma independente en cada cuarto. Isto tradúcese nunha mellor experiencia de muxido para a vaca e nunha redución do tempo de muxido: os clientes informan dunha redución de ata 40 segundos por vaca e muxido.
- Máis espazo no robot de muxido: Un posto máis amplo que se adapta a unha maior variedade de razas e tamaños de vacas, proporcionando unha maior comodidade durante o muxido. O VMSTM adáptase en lonxitude a cada vaca individualmente e en anchura segundo o rabaño.
Tamén hai outros produtos para mellorar o rendemento como gandeiro:
- DeLaval Plus: Os clientes poden subscribirse aos servizos dixitais avanzados de DeLaval para mellorar a supervisión e o control do rendemento con ferramentas de alta calidade en xestión, análise e predicións.
- DeLaval BioSensors Milk Cell Analysis (MCA): Este sensor revolucionario e compacto utiliza tecnoloxía óptica avanzada para monitorizar a saúde da ubre e facer un reconto real e individual de células somáticas no leite, axudando aos gandeiros a mellorar a xestión da saúde da ubre, a calidade do leite e a detectar de forma temperá mastites subclínicas. Tamén axuda a tomar decisións sobre o secado, a reducir tratamentos innecesarios con antibióticos e a promover prácticas responsables nas explotacións leiteiras. O MCA intégrase perfectamente con todos os robots de muxido VMSTM V300 e pode funcionar xunto con outros sensores de análise de leite para proporcionar aos gandeiros datos precisos e sostibles.
O modelo VMSTM V300 2025 mantén toda a tecnoloxía de vangarda que fai que a gama V300 sexa tan popular, incluído o sistema de visión DeLaval InSight e o sistema de muxido DeLaval PureFlow. DeLaval InSight está impulsado por intelixencia artificial, axudando a garantir unha velocidade e precisión superiores para a serie VMSTM V300.
InSight proporciona unha localización máis precisa dos tetos para un muxido eficiente e perfecto, o que resulta especialmente beneficioso para as vacas que se inician no muxido automatizado ou para aquelas que requiren unha atención especial. Ademais, o sistema aprende e mellora continuamente con cada muxido, o que se traduce nunha mellora continua da eficiencia e do rendemento.
Thibault Burg, EMEA Solution Manager para VMSTM, DeLaval, di: “Coa introdución do modelo VMSTM V300 2025, DeLaval dá outro paso significativo na tecnoloxía de muxido.
Este novo modelo responde ás necesidades críticas dos produtores de leite modernos mellorando a produtividade, o benestar animal e axudando a prácticas gandeiras sostibles. Os gandeiros poden utilizar esta capacidade adicional para facer máis muxidos por vaca, máis vacas por estación ou máis tempo de inactividade para unha operación sen estrés. En xeral, permítelles muxir mellor ca nunca: iso é o que chamamos evolucionar sen comprometer o muxido”.
Os beneficios do muxido Flow-Responsive
O Muxido Flow-Responsive incluirase como función estándar nas novas unidades VMSTM V300 a partir de xuño de 2025 e, a partir do cuarto trimestre de 2025, tamén poderá engadirse aos robots VMSTM V300 existentes.
Esta tecnoloxía mantén un baleiro preestablecido constante en cada teto individualmente durante todo o proceso de muxido, independentemente do fluxo de cada cuarto e de cada vaca. Isto axuda a mellorar a saúde da ubre e reduce o tempo de muxido. Jeppe Ulvsbjerg, gandeiro de Dinamarca, informou de tempos de muxido ata 40 segundos máis rápidos.
Ademais, esta tecnoloxía fai que o muxido sexa máis cómodo para a vaca ao reducir as fluctuacións de baleiro na punta do teto. Isto supón unha redución significativa dos tempos de muxido e mesmo de interrupcións durante o proceso, como patadas. Consegue así un muxido máis rápido e suave.
Jesper afirma: “O noso esforzo céntrase en maximizar a produción na granxa. Cando comezamos a usar os novos robots de muxido, observamos unha mellora na eficiencia grazas á cámara e ao brazo do robot, que era moito máis suave. Pudemos muxir unhas cinco vacas máis por robot. Agora, tras engadir o muxido Flow-Responsive, vimos outra mellora na eficiencia. Aforramos entre 30 e 40 segundos por muxido, o que equivale a unha hora máis de tempo libre por robot e día. Aumentamos o nivel de baleiro central e, ao facelo, conséguese un baleiro máis estable durante o muxido. Así, sempre hai un nivel de baleiro estable nos tetos independentemente do fluxo de produción”.