A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Delasil e Raysile, dous produtos innovadores de Delagro para asegurar a conservación do silo

As forraxes son a base da alimentación da gandería. Conseguir un bo ensilado é esencial para obter un alimento de calidade, influíndo directamente na saúde dos nosos animais, dos consumidores e na rendibilidade da nosa explotación.

Neste sentido, a cooperativa de segundo grao Delagro dispón de dous produtos innovadores para asegurar a conservación da forraxe, controlando a fermentación, e evitando correr riscos de perder a principal comida do noso gando.

DELAGRO_CONSERVANTES_FORRAXES_2

Delasil

Trátase dun novo conservante biolóxico para baixar rapidamente o pH da masa de forraxe , e mellorar a estabilidade aeróbica evitando quecementos unha vez aberto o silo.

A formulación dos produtos asegura:
– A proliferación das bacterias acedo lácticas, que baixan o pH rapidamente.
– A redución do crecemento de fungos.
– A redución do osíxeno no ensilado grazas á incorporación de Lactococcus lactis.

Delasil contén unha cepa única de Lactococcus lactis (0-224), que consome rapidamente o osíxeno do ensilado, estabilizándoo moi rapidamente. A súa acción acelera e mellora o crecemento da outra cepa, Lactobacillus buchneri, que controla o crecemento de fungos e evita o quecemento do ensilado unha vez que se abre.

Este novo produto de Delagro preséntase en dous formatos:

Delasil Inoculante: Sobre de 250 gramos e caixa de 40 sobres.
Delasil Plus Inoculante: Sobre de 100 g e caixa de 20 sobres.

En ambos os casos preséntase como un produto sólido para diluír en auga. A dose de aplicación é de 1 sobre / 50 tm. forraxe en verde.

Raysile

Raysile é un conservante que reduce o pH rapidamente en ensilados difíciles, promovendo a correcta fermentación da forraxe.

Ademais, controla o crecemento fúngico, evitando quecementos, e evita perdas en materia seca.

Raysile preséntase en dous formatos:

Raysile Microgranulado (sólido de aplicación directa): Saco de 25 kg e 40 sacos/palet

Raysile Plus (líquido de aplicación directa):
Garrafa 25 kg e 32 garrafas/palet
Bidón 220 kg e 4 bidóns/palet
Container 1100 kg e 1 IBC/palet

A dose é de 1 a 5 Litros / tm. de forraxe en verde.

Para máis información:

981 519 920 | delagro@delagro.org | www.delagro.org

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *