A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Delagro e Syngenta: Unha alianza que leva a mellor xenética de millo ao campo galego

Esta colaboración facilitará ás cooperativas e agricultores de Galicia e da Cornixa Cantábrica o acceso a variedades innovadoras, adaptadas ás condicións produtivas da rexión, contribuíndo a mellorar a rendibilidade e a sostibilidade das explotacións

Delagro e Syngenta: Unha alianza que leva a mellor xenética de millo ao campo galego

Rocío Cabado Lema, Enxeñeira Agrónoma e TSM en Syngenta

No seu compromiso por ofrecer solucións agronómicas de alto valor engadido, o grupo Delagro incorpora ao seu catálogo as sementes de millo de Syngenta, un dos líderes mundiais en innovación xenética e tecnoloxía aplicada ao sector agrícola. Esta colaboración estratéxica permitirá ás cooperativas e agricultores de Galicia e a Cornixa Cantábrica acceder a un porfolio punteiro, adaptado ás condicións produtivas da rexión e orientado a mellorar a rendibilidade e sustentabilidade das explotacións. Variedades como SY SANDRO, SY MINERVA ou SY ANDRÓMEDA destacan no catálogo polo seu potencial produtivo e adaptabilidade, consolidando a Delagro como referente en asesoramento técnico e distribución de insumos de alto rendemento. Falamos sobre esta alianza con Rocío Cabado Lema, Enxeñeira Agrónoma e TSM en Syngenta.

– Syngenta reforzou a súa presenza na Cornixa. Neste sentido, como é a colaboración con Delagro e as súas cooperativas para garantir a mellor distribución e asesoramento técnico no territorio?
– Syngenta reforza o seu compromiso cos agricultores de Galicia e da Cornixa Cantábrica, aumentando o seu equipo, que pasou dunha a catro persoas, nos últimos 18 meses. A súa misión é dar cobertura ao negocio, aos agricultores e/ou gandeiros e por suposto, aos distribuidores da zona.

– Syngenta ofrece un catálogo moi completo baseado en innovación, xenética e tecnoloxía. Que diferenza a Syngenta na produción de millo e como se traduce isto en beneficios para os gandeiros e agricultores?
– O amplo catálogo de Syngenta, combina I+D xunto cunha gran experiencia no cultivo de millo, ademais da última tecnoloxía, para ofrecer a mellor solución, ás necesidades de cada labrego. Este ano, como novidade, incorporamos as variedades da subsidiaria Koipesol, moi recoñecidas no campo, como son Sandro, Fabio ou Solandri, entre outras.

Isto achega numerosos beneficios no que respecta a vigor, sanidade, resistencia á caída e control de enfermidades, así como, melloras na polinización e na ventá de colleita.

– Fálase moito da tecnoloxía MaxiMaize. Cales son as súas principais vantaxes e como axuda a mellorar a rendibilidade das explotacións gandeiras?
– MaxiMaize ofrece unha combinación dos mellores híbridos, nun só saco. Trátase de dúas variedades complementarias en cada caso, xa que son tres, os ciclos diferenciados para escoller, FAO 300, 500 ou 700. Isto achega numerosos beneficios no que respecta a vigor, sanidade, resistencia á caída e control de enfermidades, así como, melloras na polinización e na ventá de colleita. todo o preciso para potenciar a rendibilidade do cultivo e obter un maior rendemento no que respecta á homoxeneidade de silo, materia seca e contido en almidón.

A gran incorporación deste ano é SY EVIDENT, un FAO 400 con excelentes resultados que veu para converterse nun referente en silo na nosa zona.

– No catálogo de sementes de Delagro contamos con variedades destacadas de Syngenta. Poderías falarnos dalgunha delas e que beneficios achega no contexto produtivo de Galicia e da Cornixa Atlántica?
– Delagro conta cunha serie de variedades entre as que me gustaría destacar tanto SY ANDRÓMEDA nos FAO 500, como SY MINERVA nos FAO 300, dous híbridos de referencia, con moito potencial e recoñecemento. Ademais a gran incorporación deste ano é SY EVIDENT, un FAO 400 con excelentes resultados que veu para converterse nun referente en silo na nosa zona.

– Que características diferenciais teñen e por que poden ser unha boa elección para os gandeiros da rexión?
-Syngenta busca ofrecer eficiencia, rendibilidade e sustentabilidade. Isto conséguese grazas á mellora contínua tanto a nivel interno, cada ano realízanse ensaios de macroparcelas, con máis de 50 variedades, así como repeticións de tres híbridos, fronte a ensaios con franxas nunha mesma localización; como colaborando con institucións oficiais en Mabegondo ou Serida, cuxos datos estudamos e onde se validan tecnoloxías como POWERCELL en SY SANDRO, a cal ofrece vantaxes na dixestabilidade da fibra.

Trátase, sen dúbida, dun sector cada vez máis esixente e as ferramentas dixitais tamén chegaron ao sector agrario, en todos os ámbitos.

– A dixitalización é cada vez máis relevante no sector. Como poden axudar aos agricultores e gandeiros a optimizar as súas decisións de cultivo? Como poden os gandeiros acceder a estas ferramentas e beneficiarse do seu uso na xestión diaria das súas explotacións?
– Trátase, sen dúbida, dun sector cada vez máis esixente e as ferramentas dixitais tamén chegaron ao sector agrario, en todos os ámbitos. Syngenta está implementando a ferramenta CROPWISE, a cal nos permitirá desde a elección da variedade máis adecuada ás condicións de cada parcela (SEED SELECTOR), pasando por recomendacións de sementeira e fertilización (PLANTING), así como, ser capaces de prever e avisar ao agricultor, no momento óptimo de colleita.

– Para finalizar, que destacarías da colaboración de Delagro e os seus socios?
– Delagro incorpora a tecnoloxía SYNGENTA ao seu catálogo de sementes de millo, así como, a colaboración estreita do persoal propio de campo, para ofrecer apoio e soporte, tanto aos técnicos das cooperativas colaboradoras, como aos seus agricultores asociados.

– Algo máis que queiras engadir?
– Syngenta é unha compañía líder, tanto no mercado de semente de millo, como no de cebada híbrida, xa que conta con HYVIDO, cuxas vantaxes son o desenvolvemento radicular, a redución das malas herbas, a adaptabilidade ás condicións de emerxencia do cultivo e a sanidade, entre outras.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *