A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Delagro conta cunha nova liña de envasado de fertilizantes coas últimas innovacións

Delagro conta cunha nova liña de envasado de fertilizantes coas últimas innovacións

O Complexo Multidisciplinar de DELAGRO nas Pontes (A Coruña) xa ten en marcha unha nova liña de envasado de fertilizantes que incorpora as últimas innovacións do mercado. Este novo equipo, no que a cooperativa de segundo grao investiu 218.000 euros, permitirá gañar en eficiencia, produtividade e seguridade laboral, á vez que reduce o impacto ambiental.

“O cambio de liña vén dado principalmente para poder conseguir duplicar a produción e garantir a demanda, tendo en conta os envasados nos novos formatos de 25kg. Desde Delagro decidiuse pasar todos os nosos formatos de sacos a 25kg de peso máximo tal e como establece a lei de Prevención e Riscos Laborais e garantir unhas condicións ideais de manipulación de cargas manuais”, explica Pablo García Muñiz, responsable do Complexo Multidisciplinar de DELAGRO nas Pontes.

Ademais, con este novo sistema de envasado DELAGRO consegue reducir a xeración de residuos plásticos e garantir unha mellor soldadura e optimización do saco, “co que conseguimos obter un palet moito máis compacto e seguro para poder cargar e transportar”.

Conexión en tempo real

A destacar tamén que a nova liña de envasado está dotada dos últimos avances en envasado, de forma que desde o complexo das Pontes poden estar conectados en tempo real co SAT do fabricante, tendo información de todo o proceso de envasado para conseguir manter unha produción o máis estable posible. Así, ante calquera mínima incidencia no proceso de envase pódese corrixir. Pablo García Muñiz destaca que “isto garántenos ter unha maior fiabilidade nos momentos máis críticos da produción nas campañas”.

Esta nova liña tamén facilitará os novos lanzamentos de produtos de valor engadido para mercados profesionais que tradicionalmente se envasan en formatos máis manexables.

Por último, o responsable do Complexo Multidisciplinar de DELAGRO avanza que “con este novo sistema de envasado estamos xa pensando en desenvolver novas melloras tecnolóxicas de cara ás próximas campañas para dar maior información e, sobre todo, mellorar o servizo na presentación de produto en saco”.

envasadora_Delagro_17 envasadora_Delagro_16 envasadora_Delagro_12_B envasadora_Delagro_15

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *