Decretadas nove concentracións parcelarias en Cospeito, Melide, Tordoia, Santa Comba, Padrón, Boqueixón e Touro

Decretadas nove concentracións parcelarias en Cospeito, Melide, Tordoia, Santa Comba, Padrón, Boqueixón e Touro

O Consello da Xunta aprobou o inicio de 9 concentracións parcelarias nas seguintes parroquias: montes de Fao e Novefontes (Touro), Lamas-Loureda-Sergude-Vigo (Boqueixón), Herbón (Padrón), Freixeiro (Santa Comba), Castenda (Tordoia), Baltar-Golán-Grobas (Melide) e as de Arcillá-Bestar-Vilar-Sisoi, Lamas e Roás (as tres en Cospeito).

A Xunta calcula que estas novas parcelarias reorganizarán 8.900 hectáreas de terra e beneficiarán a 5.600 propietarios. A Administración destaca ademais que as zonas que se van concentrar inclúen terreos de 562 explotacións agrarias.

Para este ano, está previsto que a Xunta invista un total de 17 millóns de euros en parcelarias. Medio Rural lembra que desde o 2021 leva decretadas 27 novas concentracións, que abarcan máis de 22.000 hectáreas.

Entre o ano 2020 e o 2022, a Consellería incide tamén en que se remataron 24 parcelarias, que abarcaron máis de 17.000 hectáreas de terras. Cos novos decretos aprobados onte no Consello da Xunta, o Goberno galego sinala que cumpre o seu compromiso de decretar unha nova concentración por cada parcelaria que remata.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información