Declárase firme a sentencia que rexeita o carácter invasor do eucalipto

Declárase firme a sentencia que rexeita o carácter invasor do eucalipto

O Tribunal Superior de Justicia de Madrid vén de declarar firme a sentencia que rexeitaba o carácter invasor do eucalipto. Dado que non se presentou ningún recurso contra a resolución xudicial no prazo establecido para elo, o Tribunal pon punto e final ó proceso, que iniciara o Concello de Teo no ano 2018.

Desde o munipio coruñés, o seu goberno local entendía daquela que o eucalipto tiña que ser incluído no catálogo español de especies invasoras. Examinado o caso, o Tribunal concluíu que non era posible sentenciar o carácter invasor do eucalipto, pois recibira informes e criterios científicos totalmente contrapostos, tanto a favor como en contra do suposto carácter invasor da especie.

Así as cousas, tras aquela resolución, que trascendeu a finais de novembro, abrírase un prazo de 30 días para que se puideran presentar recursos contra a sentencia. Rematado o prazo, o Tribunal non recibiu ningún recurso, polo que procede a declarar firme a sentencia e a pechar de xeito definitivo o caso.

De ter prosperado a demanda do Concello de Teo, o eucalipto tería visto comprometido o seu futuro forestal en España, pero ao pecharse o proceso, mantense a actual regulación. En Galicia, cómpre lembrar que a normativa impide plantar eucalipto en terras agrarias, en substitución de superficies de frondosas ou en novas plantacións ubicadas en Rede Natura. Tampouco se pode plantar a menos de 50 metros de vivendas ou núcleos de poboación nin á beira de regatos e ríos.

Cando se aprobe o Plan Forestal, é previsible que a Xunta dispoña unha regulación adicional para as novas plantacións da especie, pois segundo se recolle no Plan, o obxectivo do Goberno galego é reducir nun 5% a superficie actual de eucalipto para o ano 2040.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información