Declaradas catro novas concentracións parcelarias nos concellos de Lalín e Vilardevós

O Consello da Xunta aprobou na súa xuntanza semanal deste xoves catro decretos da Consellería do Medio Rural polos que se declaran de utilidade pública as concentracións parcelarias de Soutochao (Vilardevós), Cristimil, Galegos e Goiás-Xaxán-A Veiga (Lalín).

Deste xeito, mediante a concentración global de algo máis de 4.000 hectáreas relativas a estes catro procesos, veranse beneficiados máis de 2.300 propietarios.

En concreto, o proceso de Soutochao (Vilardevós) afectará unha superficie total 621 hectáreas, repartidas en 3.285 parcelas propiedade de 714 veciños. A parcelaria de Cristimil (Lalín) reorganizará unha superficie total de 455 hectáreas, repartidas en 3.330 parcelas de 235 veciños. A concentración de Galegos (Lalín) reestruturará unha superficie de 431 hectáreas repartidas en 2.308 parcelas propiedade de 187 veciños. Por último, o proceso de Goiás-Xaxán-A Veiga (Lalín) afectará unha superficie de 2.589 hectáreas, repartidas en 8.084 parcelas propiedade de 1.207 veciños.

Estes catro novos decretos de concentración parcelaria decláranse mediante a Lei de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia (Metaga), que busca aumentar a base territorial das explotacións e reducir considerablemente os seus custos de produción.

Por iso, os catro procesos foron solicitados por titulares de explotacións e apoiados polos respectivos concellos. No caso da parroquia de Vilardevós, hai un total de 8 explotacións activas, mentres que nas parroquias de Lalín hai un total de 223 (27 en Cristimil, 40 en Galegos e 156 na terceira zona).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información