Decálogo elaborado polo Grupo ROCA da Garda Civil.
1 A colaboración entre a Garda Civil e o sector agrícola e gandeiro é unha peza clave.
ACUDA A NÓS E FÁLENOS DAS SUAS INQUEDANZAS.
2 Se observa movementos ou persoas estrañas próximas ás explotacións anote os datos (matrículas, descricións, datas, horas, etc.) e comunique esa INFORMACIÓN á Garda Civil.
3 CAMBIE A RUTINA de traballo na explotación agrícola polo menos unha vez por semana.
4 Na medida do posible prepare LUGARES DE SEGURIDADE para a custodia de material agrícola e instale ou simule algún sistema de vixilancia.
Evitar ter os apeiros de labranza diseminados nas leiras e sen vixilancia. Intentar reunilos nun sitio protexido, valado e cunha porta con candado, e á vista dende a vivenda propia ou da dun veciño.
5 COMPROBE as pechaduras de fiestras e portas cando saia da instalación agrícola.
Procurar manter unha actitude de seguridade. Recoméndase tamén instalar algún sistema de seguridade como un valado e unha porta con candado. Hai que ter en conta que se a instalación agrícola non ten unha porta aberta o delito sería considerado un furto ou falta, pero se para roubar o ladrón ten que forzar o candado xa sería considerado un delito de roubo con forza nas cousas, con penas maiores. Neste caso, o ladrón pensaríao máis á hora de cometer este delito.
6 MARQUE, anote e garde a NUMERACIÓN da maquinaria -número de serie-, ferramentas e pezas de valor. Unha fotografía pode ser moi útil nunha investigación en caso de roubo.
7 Non deixe obxectos de valor á vista. DIFICULTE a acción do delincuente.
8 Se están presentes durante un roubo na instalación PROTÉXANSE nun lugar seguro e non se enfronte aos intrusos.
Intentar quedarse cos datos do ladrón e intentar quitar fotos. Ter pensado de antemán un protocolo para aplicalo nestes casos evitando improvisacións. Por exemplo: medidas de autoprotección encerrándose nunha estancia segura coas persoas que haxa na casa, chamar ao 062 e aos veciños..etc.
9 Despois dun roubo ou calquera tipo de actividade delitiva CHAME INMEDIATAMENTE ao 062.
Non toque nada nin pise pola zona.
O factor tempo é fundamental para recuperar os obxectos roubados e deter aos ladróns.
10 Unha DENUNCIA non formulada é unha posibilidade máis para o delincuente.
Recoméndase denunciar sempre ante a Garda Civil.