Debate sobre a cadea de valor e os mercados dos viños galegos este venres en Ribadavia

Publicidade

XORNADA MUSEO VINHO

O Museo do Viño de Galicia (Camporredondo, Ribadavia) acolle este venres, 17 de outubro, unha xornada na que catro sumilleres falarán e debaterán sobre os distintos elementos que inflúen na cadea de valor do viño que se produce nas adegas de Galicia.

Estado das vendas, principais mercados, perfís dos consumidores ou o papel dos profesionais serán algúns dos temas que se porán enriba da mesa. Tamén se prevé abordar temas da actualidade como a baixada do consumo de viños tintos ou os custos de produción das adegas.

Os especialistas que participan nesta xornada son: Daniel Marín, responsable de Xadigal; Alberto Varela, propietario de Choiva Viños e Wineswards; Mariña Fernández, do Grupo Abastos e Miguel Crunia, de Fion Edimburgh e director do blog Atlantic Sommelier.

A xornada terá lugar entre as 9,30 e as 14,00 horas. A entrada é gratuita ata completar o aforo do salón do museo en que se celebra. O evento está enmarcado dentro das IV Xornadas Falemos do Futuro da Viticultura Galega.

 

 

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información