A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

De Heus presenta unha nova ferramenta para optimizar o muxido robotizado

A empresa de nutrición animal deu a coñecer na Feira de Tineo (Asturias) o seu Robot Expert, que permite sacar o máximo rendemento aos robots de muxido

De Heus presenta unha nova ferramenta para optimizar o muxido robotizado

Representantes De Heus no stand da firma na Feira de Tineo.

A empresa de nutrición animal De Heus presentou na Feira de Tineo (Asturias), o seu Robot Expert, unha nova ferramenta de análise e xestión de muxido robotizado. A firma centrou a súa participación na feira, que se celebrou desde o pasado venres e durante todo a fin de semana, en torno ao muxido robotizado.

Ao longo destas tres xornadas, a empresa deu a coñecer a súa nova ferramenta que permite aos técnicos de De Heus axudar ao gandeiro a optimizar e sacar o máximo rendemento aos robots de muxido.

“As ganderías robotizadas crecen de maneira significativa en España, e este segmento converteuse nunha obxectivo clave para a nosa empresa. Deseñamos Robot Expert e Feed Expert co obxectivo de axudar aos gandeiros a sacar o máximo rendemento ás súas granxas”, declara Mario Vázquez, xerente de zona especialista en vacún de De Heus.

Robot Expert

Robot Expert é unha ferramenta desenvolvida en Holanda, baseada nas experiencias de De Heus e contrastada en máis de 1500 granxas. Está integrada en Feed Expert, o sistema de racionamento e formulación de De Heus, que permite realizar unha análise pormenorizada dos datos produtivos de granxas de vacún de leite con muxido robotizado. Desta maneira, os técnicos poden realizar análises máis profundas e deseñar solucións técnicas máis efectivas ao optimizar a eficiencia do robot.

Co Robot Expert, os técnicos poden realizar análises máis profundas e deseñar solucións técnicas máis efectivas

O muxido robotizado non só implica cambios na maneira na que as vacas se muxen, senón tamén, no seu comportamento e hábitos de inxesta. De aí, que sexa necesaria a análise e xestión destes factores para conseguir mellores resultados técnicos, tal e como reivindican desde De Heus.

Ademais desta ferramenta, a empresa formou tamén a técnicos especialistas en granxas con robots en Galicia, Navarra, Castela, País Vasco, Asturias e Cantabria para implementar os seus servizos.

Máis de 170 firmas na feira

A Feira de Tineo, que este ano alcanza os seus 31 anos de traxectoria, é unha cita de gran importancia para o sector agrícola da zona suroccidental de Asturias, onde se concentra gran parte da cabana gandeira da rexión. De feito, De Heus leva participando nesta feira desde a súa primeira edición, coas súas marcas Biona e Pasaranda.

Nesta edición, participaron na feira 173 empresas distribuídas nos 15.000 metros cadrados do recinto feiral da localidade. O 21% destes expositores procedían doutras comunidades autónomas e tres deles de Portugal. Ademais, case o 20% das empresas participantes acudían por primeira vez a esta cita.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *