A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

De Heus presenta a súa nova gama de pensos para galiñas poñedeiras

De Heus presenta a súa nova gama de pensos para galiñas poñedeiras

Milleiros de especialistas en todo o mundo, décadas de experiencia sobre o terreo, importantes investimentos en I+D+i e un férreo compromiso co sector deron como resultado o Plan ONE®, a aposta de De Heus para liderar a avicultura industrial en España. A nova gama de pensos para galiñas de posta integrada dentro do plan acaba de lanzarse ao mercado.

“Promover unha avicultura de primeira, como reza o noso slogan, é apostar por unha nutrición animal innovadora e adaptada a necesidades moi concretas. Tamén priorizar a saúde e o benestar das aves en cada momento do seu ciclo de vida. Todo iso co firme obxectivo de que os avicultores poidan obter a mellor relación calidade-rendibilidade nas súas granxas”, explica Luís Sevilla, xefe de produto de Avicultura e Cunicultura en De Heus.

O Plan ONE® para avicultura de posta baséase no concepto de Nutrición de Precisión e consta de cinco programas de alimentación: recría de polas, posta, galiñas campeiras, ovo XL e especialidades. No desenvolvemento de cada un deles tivéronse en conta a variabilidade dos factores de produción e os retos que expoñen os distintos tipos de produción.

“O programa ONE Recría é a ferramenta perfecta para obter unha pola poñedeira robusta, xa que está deseñado para cubrir as súas demandas nutricionais en función da idade e etapa de desenvolvemento”, sinala Sevilla, insistindo en que se trata dunha fase esencial para garantir a eficiencia e rendibilidade dunha explotación avícola. “Para asegurar o éxito da recría puxemos o foco na obtención dun bo crecemento, peso vivo e uniformidade, todos eles aspectos crave para unha maior produción de ovos e menor mortalidade na futura fase de posta”.

O segundo programa, ONE Puesta, parte da premisa de que “o control da produción nas galiñas unha vez transferidas desde a recría ha de ser algo dinámico e a súa nutrición debe optimizarse de acordo coa condición corporal das aves, manexo, ambiente e, sobre todo, ao nivel de inxesta diaria”, sinala neste sentido Sevilla. O obxectivo é alcanzar o limiar dos 500 ovos ás 100 semanas de vida e conseguir, ademais de excelentes producións, unha boa calidade xeral do ovo producido.

Por outra banda, a crecente preocupación social polo benestar animal ten provocado que na actualidade preto do 25% do censo total de poñedeiras en España estea relacionado coa produción de ovos libre de gaiolas, cun incremento de preto do 60% na produción campeira durante os dous últimos anos. Estímase que este tipo de produción seguirá incrementándose a medida que a distribución vaia eliminando o ovo código 3 (producido en gaiola) dos seus lineais e substitúao por ovos procedentes de sistemas alternativos.

“Conscientes deste cambio nos hábitos de compra do consumidor, De Heus creou o programa de alimentación ONE Camperas, que enfronta de maneira efectiva os retos que expón a produción campeira e proporciona excelentes producións de ovos de boa calidade, mellora o status sanitario das aves e favorece o benestar dos animais”, explica o xefe de produto da multinacional holandesa.

O programa ONE XL é a proposta de De Heus para aqueles clientes que buscan un maior tamaño e gramaxe de ovo. “É unha gama formulada para cubrir as necesidades nutricionais específicas das aves que permite incrementar o tamaño ou gramaxe dos ovos”, explica Luís Sevilla.”Son pensos cun perfil nutricional específico deseñados para potenciar a porcentaxe de ovos L e XL recolleitos durante a produción”.

Finalmente, engade Sevilla, “a nosa dilatada experiencia en explotacións avícolas de todo o mundo fainos plenamente conscientes de que existen momentos clave no ciclo de vida produtiva dos animais que requiren de solucións específicas. Por esta razón desenvolvemos tamén unha gama de produtos especiais, ONE Especialidades, destinada a resolver situacións puntuais como a caída do rendemento produtivo, problemas de saúde das aves ou descensos da calidade de casca do ovo, entre outras”.

Sobre Royal De Heus

Royal De Heus é unha empresa multinacional fundada en 1911, que durante catro xeracións foi propiedade e estivo administrada pola familia De Heus. A compañía creceu até converterse nun dos principais actores da industria de pensos compostos a nivel mundial.

Posúe instalacións propias en Holanda, Vietnam, Brasil, Polonia, República Checa, Serbia, España, Portugal, Sudáfrica, Myanmar e India; e alianzas estratéxicas en Exipto, Etiopía, Rusia e China, o que lle permitiu alcanzar unha posición de liderado a nivel mundial. Ademais, Royal De Heus opera en máis de 75 países mediante a exportación de concentrados e premezclas, principalmente a Europa do Leste, África, Medio Oriente e América do Sur. A compañía conta na actualidade con máis de 8.000 empregados.

En España, De Heus está presente en practicamente todo o territorio nacional a través dos seus 13 centros de produción e preto de 450 empregados. Posúe unha capacidade produtiva superior ao millón de toneladas anuais.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *