De Heus Nutrición Animal participará de novo na Feira Profesional de Maquinaria, Agricultura e Gandería. O evento terá lugar entre os días 20 e 22 de febreiro na Feira Internacional de Galicia ABANCA, en Silleda.
A compañía dará un relatorio sobre a súa nova ferramenta Dairy Compass, que se utiliza para incrementar o rendemento das explotacións de vacún de leite. Os encargados de dar esta exposición serán Miguel Iglesias Naredo, Daniel Prado Fernández e Alejandro Rodríguez García.
Os asistentes coñecerán máis información sobre esta ferramenta, que aparece co obxectivo de converterse nunha solución para monitorizar e analizar en tempo real datos crave das ganderías.
O responsable Técnico de Vacún de Leite en De Heus, Miguel Iglesias, explicou que esta “é unha oportunidade única para coñecer máis sobre como esta ferramenta pode axudar ao gandeiro para sacar o máximo partido á súa explotación”.
Tamén mostrarán “casos prácticos con datos que avalan o éxito de Dairy Compass”. O relatorio levarase a cabo o venres 21, ás 12:15 horas, na sala 3 do Pavillón 1 da feira.
De Heus tamén estará en GANDAGRO cunha caseta situada no espazo D-22 no Pavillón 2. Os asistentes poderán coñecer máis sobre os produtos que ofrece e establecer conversacións e contactos cos profesionais da empresa.