A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

De Heus merca Evialis Galicia

A multinacional de alimentación animal de orixe holandesa, que chegou a España en 2015, adquire a planta de pensos compostos de Sada e reafirma así a súa presenza na comunidade galega

Fábrica de piensos de Evialis Galicia en Sada

Fábrica de pensos de Evialis Galicia en Sada

De Heus Nutrición Animal vén de anunciar a compra dun novo activo en España coa adquisición da planta de Evialis Galicia a Archer Daniels Midland Company (NYSE: ADM). Desta maneira, a empresa de orixe holandesa, que chegou a España en 2015 coa adquisición de Nuter, avanza así na súa estratexia de expansión dentro do mercado español sumando xa 14 plantas en toda a península ibérica e cunha produción anual que supera o millón de toneladas.

De Heus conta na actualidade con 14 plantas na península ibérica cunha produción anual que supera o millón de toneladas

Para o director xeral de De Heus Iberia, Jean François Honoré, “a adquisición de Evialis Galicia é un paso máis no plan de investimentos que a compañía está a realizar en España, que reforza o compromiso da empresa cos seus clientes xa que a nova planta permitirá mellorar o abastecemento dos gandeiros desta comunidade”.

Evialis Galicia, situada en Sada (A Coruña) naceu como iniciativa dun grupo de gandeiros galegos de porcino que se uniron para abastecer de alimentos compostos aos animais das súas propias explotacións en 1974.

Na actualidade, esta planta é multiespecie e ten unha capacidade de produción de 72.000 toneladas ao ano, elaborando principalmente penso para vacún de carne e leite, seguido en importancia dos pensos para coellos.

A fábrica de Sada naceu como iniciativa dun grupo de granxas de porcino en 1974 e prevese un importante investimento en modernizaicón nos próximos dous anos

Para Irene Pardo, Integration Manager deste proxecto, “o noso obxectivo é realizar un importante investimento nos próximos 2 anos para que a planta volva ser un modelo de eficiencia e modernidade no sector, mediante a aplicación sistemática dos cinco alicerces que definen a esta compañía e que son: calidade, rendemento, independencia, mellora continua e espírito emprendedor”.

Por último, De Heus Iberia informou que incorporará ao seu persoal aos 34 profesionais de Evialis Galicia, potenciando a súa dixitalización e adaptación ás novas tecnoloxías para avanzar tamén en desenvolvemento dun modelo cada vez máis eficiente, respectuoso co medio ambiente, cos seus clientes e en definitiva coa sociedade.

Royal De Heus, unha das principais industrias de pensos do mundo

de_heus_standarRoyal De Heus é unha empresa familiar fundada en 1911 en Holanda, que foi medrando até converterse nunha das principais empresas da industria de pensos compostos a nivel mundial. De Heus esfórzase por contribuír activamente ao desenvolvemento e progreso da actividade agropecuaria en todos os mercados nos que está presente.

A multinacional holandesa conta na actualidade con máis de 6.500 empregados e opera en máis de 75 países mediante a exportación de concentrados e premesturas, principalmente a Europa do Leste, Rusia, Asia e América do Sur.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *