A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

De Heus lanza unha nova liña de alimentación para ovino e caprino

A firma crea un plan de mantemento baseado no sistema de formulación SFOS, co que evitar problemas dixestivos. As fórmulas incorporan aminoácidos protexidos que axudan a optimizar a proteína

De Heus lanza unha nova liña de alimentación para ovino e caprino

A multinacional holandesa De Heus acaba de lanzar ao mercado unha nova liña de alimentación pensada para pequenos rumiantes. O plan de alimentación está centrado en preservar a saúde e benestar de cabras e ovellas na fase de mantemento.

“Co programa búscase preservar e recuperar as reservas corporais das nais para afrontar con éxito a seguinte cubrición e subseguinte xestación; e asegurar a saída en celo das femias cunha taxa de ovulación que asegure a prolificidade ao parto desexada”, explica Manuel Caro, experto nutricional de Pequenos Rumiantes de De Heus.

O novo plan de mantemento expón unha alimentación máis equilibrada e eficiente baseada no sistema de formulación SFOS, unha ferramenta que permite controlar a velocidade de degradación da materia orgánica no rumen evitando problemas dixestivos. A combinación eficiente de materias primas mellora á súa vez a sustentabilidade deste penso ao reducir a excreción de nitróxeno ao medioambiente e optimizar a eficiencia no uso da enerxía.

Neste senso, “De Heus mantén un firme compromiso coa sustentabilidade. A tecnoloxía, o manexo correcto dos animais e, por suposto, a alimentación que se lles proporciona son esenciais para lograr explotacións máis eficientes e respectuosas co medioambiente”, detalla Caro.

Co deseño deste novo plan de mantemento De Heus ofrece aos gandeiros de ovino e caprino unha solución nutricional capaz de mellorar os resultados produtivos dos rabaños e a rendibilidade das súas explotacións.

O plan pretende ser unha ferramenta útil nun momento no que a pandemia global de coronavirus obrigou a un confinamento xeneralizado da poboación o que xerou unha caída da demanda e obriga aos gandeiros de ovino e caprino a reducir as súas producións. “Os animais deben seguir recibindo durante este estado de ‘mantemento activo’  os aportes necesarios para preservar as súas funcións vitais e á vez recompor o gasto realizado tanto en xestación como na produción”, concreta Caro.

Solucións nutricionais adaptadas á fase de mantemento

O programa está composto por cinco pensos que incorporan aminoácidos protexidos para contribuír ao aproveitamento óptimo da proteína. Son alimentos formulados con ingredientes altamente palatables que favorecen o seu consumo por parte dos animais. Outra das innovacións que introduciuron na gama para potenciar o seu rendemento son aditivos específicos que facilitan a seguridade dixestiva. En concreto, a líña inclúe os seguintes pensos:

Corimel Gralat. Penso granulado para ovellas de leite.

-Corimel Complex. Penso granulado para ovellas de carne.

-Corimel Vitak. Tacos para ovellas de carne.

-Corimel Multigrain. Núcleo para ovellas de leite e carne.

-Caprimel Gralat. Penso granulado para cabras de leite.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *