A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

De Heus lanza GoalFeed®, a nutrición de precisión específica para robots de muxido

De Heus lanza GoalFeed®, a nutrición de precisión específica para robots de muxido

De Heus quixo dar un paso máis no desenvolvemento dunha nutrición de precisión co lanzamento dunha nova gama de pensos exclusivamente formulados para robots de muxido, unha tecnoloxía cada vez máis estendida que permite mellorar a produtividade e rendibilidade das explotacións de vacún de leite.

Ramiro Fernández, xefe de produto de Vacún de Leite, sinala que “en De Heus somos especialistas en sistemas PMR (Partial Mix Ration), onde unha parte do alimento fornécese na ración base e a outra a través das escalas de subministración do penso no robot, permitindo así achegarnos máis aos requirimentos nutricionais de cada animal. Neste sentido, hai que ter en conta que as interaccións entre a actividade, o comportamento dos animais, a alimentación, a inxesta, a saúde e a produción de leite son complexas e vólvense aínda máis no muxido robotizado”.

GoalFeed® é o resultado da análise de máis de 2.000 robots de muxido no mundo a través do monitoreo continuo que ofrece a ferramenta RobotExpert®, cuxo lanzamento se anunciou hai pouco máis dun ano. Grazas a este software desenvolvido por De Heus é posible realizar unha análise detallada da produtividade das granxas vinculando todas as variables que inflúen a produción láctea.

De entre este conxunto de variables que afectan á produtividade final das explotacións, a alimentación dos animais é a que posúe un maior peso. Conscientes de que para favorecer unha alta produción de leite son necesarias racións de alta calidade que incentiven o número de visitas ao robot, De Heus iniciou o desenvolvemento dun sistema de alimentación nutricionalmente máis eficiente, complexo e específico, baseado no coñecemento dos seus clientes e no seu sistema Laboexpert, que permite unha análise nutricional profunda.

“RobotExpert® permitiunos diferenciarnos, chegar onde os demais non chegaran e elevar o potencial do robot a un nivel superior. Esta ferramenta puxo nas nosas mans a posibilidade real de profundar en conceptos relacionados coa mellora da produción, a alimentación máis saudable, a saúde de ubre, a optimización da composición do leite, a correcta actividade das vacas, o incremento da capacidade, a diminución de restos de penso e a mellora da calidade de leite. O futuro non para e nós tampouco. Completamos un equipo de técnicos especialistas en robots de muxido capaces de levar as nosas tecnoloxías aos clientes dos diferentes puntos do país”, explica o xefe de produto de Vacún de Leite de De Heus.

Conscientes de que a tecnoloxía por si soa non abonda, a multinacional holandesa quixo ofrecer ao gandeiro unha gama de pensos intelixentes que teñen como obxectivo potenciar a eficiencia do muxido robotizado. Esta innovadora solución nutricional complementa a ración de base cun concentrado de alta calidade, equilibrado e con excelente palatabilidade, o que incentiva o número de visitas ao robot de muxido.

Respecto da importancia de coidar a palatabilidade do penso que se fornece no robot, Ramiro Fernández fai referencia a que “numerosos traballos de investigación coinciden en que, sen o incentivo da subministración de concentrado no robot, a frecuencia de muxido será baixa e variable. Temos que ter claro que as vacas entran no robot para consumir penso, non para seren muxidas. Por iso, é necesario incentivar aos animais para que acudan ao robot de forma voluntaria cun concentrado ben deseñado e que incorpore na súa composición unha selección de ingredientes con alta apetecebilidade”, detalla.

Post_Goalfeed DE HEUS

Sobre Royal De Heus

Royal De Heus é unha empresa multinacional fundada en 1911, que durante catro xeracións foi propiedade e estivo administrada pola familia De Heus. A compañía creceu até converterse nun dos principais actores da industria de pensos compostos a nivel mundial.

Posúe instalacións propias en Holanda, Vietnam, Brasil, Polonia, República Checa, Serbia, España, Portugal, Sudáfrica, Myanmar e India; e alianzas estratéxicas en Exipto, Etiopía, Rusia e China, o que lle permitiu alcanzar unha posición de liderado a nivel mundial. Ademais, Royal De Heus opera en máis de 75 países mediante a exportación de concentrados e premezclas, principalmente a Europa do Leste, África, Medio Oriente e América do Sur. A compañía conta na actualidade con 7.000 empregados.

En España, De Heus está presente en practicamente todo o territorio nacional a través dos seus 12 centros de produción e preto de 425 empregados. Posúe unha capacidade produtiva superior ao millón de toneladas anuais.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *