A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

De Heus incorpora as últimas tecnoloxías de análise de forraxes para unha formulación de precisión

De Heus incorpora as últimas tecnoloxías de análise de forraxes para unha formulación de precisión

As gandarías de futuro traballan día a día para mellorar os seus índices produtivos e conseguir a máxima eficiencia buscando rendibilidade nun sector con condicións de prezo complexas. Neste contexto, o noso labor como asesores nutricionais en De Heus é deseñar a estratexia máis axeitada, fixando os obxectivos en conxunto co gandeiro, monitorizar a súa evolución e avaliar os seus resultados. E para iso debemos contar coas mellores e máis punteiras ferramentas.

Isto implica cambiar o enfoque de traballo en granxa, buscando un concepto global e interconectado, que considere a cada explotación como un sistema onde os resultados de cada categoría teñen unha influencia medible que afecta positiva ou negativamente ás demais. Desde esta perspectiva, en De Heus deseñamos o programa Nutriexpert, un sistema integral de traballo que permite deseñar estratexias nutricionais e de manexo en granxa para cada categoría, manténdoas en constante monitorización e avaliación.

Un dos desafíos máis importantes é a exactitude na formulación das racións. Para isto, desde fai máis dun ano, De Heus conta cun laboratorio propio na súa planta de produción de pensos de Orkoien (Navarra), deseñado coa tecnoloxía máis punteira e cun obxectivo claro: ofrecer o mellor servizo aos nosos clientes, obtendo datos moi fiables e completos en tan só 48 horas.

Un laboratorio punteiro para a análise das mostras de forraxes

DE HEUS 3O laboratorio conta cun persoal de técnicos con máis de 30 anos de experiencia en análises químicas. Estas novas instalacións xorden da ampliación do antigo laboratorio que xa posuía este centro de produción de Orkoien e, con este proxecto, conseguimos centralizar a análise das mostras de forraxes das gandarías que traballan con De Heus en todo o territorio español.

Deste xeito, o laboratorio de Orkoien conta coas seguintes características que nos permiten alcanzar uns obxectivos claros:

-Elevada capacidade: Equipouse con todo o material necesario para recibir un alto número de mostras (máis de 5000 silos no seu primeiro ano de funcionamento).

-Precisión: A exactitude nos resultados químicos é fundamental para a formulación de pensos nas gandarías modernas. Por iso, valídanse ditas analíticas tanto con análises de vía húmida realizados nas súas propias instalacións como con laboratorios externos.

-Investigación e Desenvolvemento: O laboratorio é a base de numerosos proxectos de I+D nos que participa De Heus con financiamento da Unión Europea. Un bo exemplo diso é o proxecto ALIVAC: Alimentación de precisión para a redución do impacto ambiental en Vacún Leiteiro.

-Enfoque de traballo adaptado a cada granxa: Introdución de novas alternativas en tecnoloxía Nir Portátil, cuxa finalidade é analizar novas posibilidades de traballo en granxa centrados na dinamización, dixitalización e modernización do enfoque do servizo, denominado Enfoque en granxa (On the farm approach). Un enfoque que constitúe a nosa razón de ser na procura da eficiencia e a diferenciación constante.

-Un proceso rápido, automático e dixital: Grazas a este laboratorio propio, os técnicos de De Heus reciben as analíticas nutricionais das forraxes das explotacións coas que traballan en períodos curtos de tempo, con alto grao de fiabilidade e de modo automático. Todo o sistema de mostraxe, codificación, recepción, análise e envío de resultados está automatizado e dixitalizado, dentro dun proxecto paralelo chamado QS (Quick Sample) que permitirá aos clientes obter directamente os seus resultados da maneira máis rápida e eficiente. Traballamos para que os nosos clientes sexan parte do proxecto e poidan participar e beneficiarse dos seus resultados.

Coñecemento completo da dixestibilidade da forraxe para unha formulación de precisión

DE HEUS 1

A evolución do racionamento leiteiro, tanto en explotacións con PMR (Partial Mixed Ration) -alimentación disociada como é o caso dos robots de muxido-, como con sistemas TMR, -Unifeeds completos-, esixe un gran coñecemento sobre a dixestibilidade das forraxes da propia explotación. Tanto a dixestibilidade da forraxe ao momento de mostraxe como a evolución dos parámetros durante o período de ensilado son claves. Isto permítenos movernos con gran exactitude cara ao equilibrio perfecto que teña en conta a máxima produtividade, a máxima seguridade dixestiva e o maior benestar dos animais.

Outro punto fundamental desta nova maneira de enfocar a alimentación en rumiantes é obter de cada alimento as distintas fraccións de degradación ruminal de proteínas e carbohidratos non fibrosos e a evolución dos mesmos no tempo. Desta forma poderemos equilibrar a fermentación no rume e así optimizar os nutrientes co fin de aumentar a rendibilidade económica da produción de leite, ademais de reducir a excreción de nutrientes ao medioambiente.

Monitorización e comparativa dos resultados

DE HEUS 5

Todos estes datos están deseñados para alimentar ao noso programa de formulación (Feed Expert). Grazas á información rexistrada, a toma de decisións mellora considerablemente e aumenta o grao de seguridade nas súas solucións.

Por último, o noso programa MMM (Margin Monitor Milking) engloba todo o proceso e permítenos monitorizar a evolución dos índices técnico-económicos e realizar análises comparativas complexos entre os distintos sistemas de produción, dentro dunha rexión, entre rexións diferentes e mesmo entre sistemas doutros países dentro do grupo De Heus.

Hai uns meses diciamos nunha reportaxe de Campo Galego que en De Heus apostamos “pola profesionalización e por achegar valor aos nosos gandeiros” e grazas a estas ferramentas e o asesoramento, isto é unha realidade que palpamos día a día. Os nosos principios sempre serán ofrecer un servizo diferenciado, animais máis sans e produtivos e respecto polo medioambiente. En definitiva, granxas máis rendibles e eficientes con solucións nutricionais adaptadas a cada explotación.

DE HEUS entrevista 2Un artigo de Rubén González Vicente, veterinario e nutricionista, Key Account Manager en De Heus Nutrición Animal.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *