De Heus Nutrición Animal España completou o lanzamento da súa nova páxina web (www.deheus.es), un espazo actualizado co que a compañía estreita a proximidade cos usuarios, ofrecendo unha maior información sobre os seus proxectos, produtos e servizos.
Na renovada páxina adquiren maior relevancia os obxectivos de sustentabilidade de De Heus como empresa comprometida coa dispoñibilidade e accesibilidade de alimentos seguros e saudables en todo o mundo respectando o clima, o medioambiente e o benestar dos animais. Proba diso é o seu programa de Nutrición Responsable, destinado a crear valor e impacto dentro das cadeas de subministración para a produción de alimentos.
De Heus é unha empresa comprometida coa dispoñibilidade e accesibilidade de alimentos seguros e saudables en todo o mundo respectando o clima, o medioambiente e o benestar dos animais
Ademais, a web incorpora un apartado específico que dá a coñecer os numerosos proxectos de I+D nos que participa a compañía encamiñados a explorar novas solucións nutricionais máis eficientes e sostibles. Tamén se poden consultar os obxectivos dos diversos grupos operativos que contan co apoio de De Heus.
Outro dos puntos fortes da nova web é a sección de entrevistas a profesionais gandeiros que valoran os servizos ofrecidos por esta marca. Nos seus testemuños achegan datos obxectivos da eficiencia tanto produtiva como económica nas súas explotacións tras a aplicación nas mesmas de plans de alimentación e produtos da compañía.
A nova web incorpora o testemuño de gandeiros que achegan datos sobre eficiencia produtiva e económica alcalzados nas súas granxas cos produtos De Heus
Ademais, a nova web recompila toda a información de cada un dos produtos por especie da firma, así como dos seus servizos, cos que se sitúa preto dos seus clientes para facilitarlles o día a día. O usuario gozará de máis contidos de valor, como artigos técnicos, folletos descargables e multitude de imaxes renovadas para todas as especies.
Facilitar o acceso ao asesoramento por parte do equipo técnico
De especial relevancia para cumprir o obxectivo de maior proximidade cos usuarios é o espazo de Contacto, que ofrece unha maior visibilidade do equipo humano que conforma a familia de De Heus. Nel, o visitante atopará toda a información necesaria para dirixirse de maneira inmediata aos compañeiros dos departamentos técnico e comercial, así como para inscribirse ás ofertas de emprego no apartado de Traballa con nós.
Esperamos que con estas melloras os usuarios poidan sentirse máis preto de nós e acceder facilmente a toda a información que necesiten
“A nova web suporá un gran paso cara á dixitalización da nosa empresa. No noso proceso de mellora continua, este cambio de plataforma permítenos mellorar o aspecto da web e actualizar todo o contido dunha forma máis dinámica nunha web moi intuitiva en canto á navegación”, sinala a coordinadora de Marketing e Comunicación de De Heus Nutrición Animal, Elena García. “Esperamos que con estas melloras os usuarios poidan sentirse máis preto de nós e acceder facilmente a toda a información que necesiten”, indica.
Sobre Royal De Heus
Como empresa familiar, De Heus Nutrición Animal, fundada en 1911 e especializada en nutrición animal durante catro xeracións, busca activamente oportunidades para xerar valor e impacto en toda a cadea de produción de proteína animal.
Conta cun experimentado equipo de miles de profesionais, producindo alimentos para animais en máis de 20 países en todo o mundo. Ademais, opera en Europa do Leste, África, Medio Oriente e Sudamérica a través da exportación de concentrados e premezclas.
A compañía está presente en España a través de 13 centros de produción
A través dos seus produtos, coñecemento e experiencia, axuda aos gandeiros de todo o mundo para progresar. Desta forma, contribúe cada día ao desenvolvemento do sector gandeiro.
En España, De Heus está presente en practicamente todo o territorio nacional a través dos seus 13 centros de produción e preto de 450 empregados. Posúe unha capacidade produtiva superior ao millón de toneladas anuais.