De Heus celebrará en Lugo a II Edición de ‘Gandeiros de Leite’, un encontro dirixido a gandeiros de vacún de leite, co obxectivo de fomentar o intercambio de coñecementos, experiencias e novidades nunha contorna próxima.
Nesta xornada, responsables e especialistas do servizo técnico de De Heus ofrecerán unha serie de relatorios nas que abordarán as principais novidades do sector e aspectos técnicos co obxectivo de ofrecer solucións e datos que melloren a eficiencia das ganderías.
O evento, ademais, servirá como punto de encontro para os gandeiros, quen poderá compartir experiencias, establecer lazos cos seus homónimos e consultar dúbidas aos especialistas do sector.
A través desta iniciativa, De Heus reafirma o seu compromiso co desenvolvemento e impulso das ganderías, apostando pola innovación e a formación continua como piares fundamentais para afrontar os retos do futuro do sector.
Este evento é de carácter privado e con acceso mediante invitación. Se desexa acudir, contacte co seu xerente de zona de De Heus para solicitar máis información.
Galego









Control OJD