A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Datalact: A aplicación “made in Galicia” que protexe o leite no tanque e mellora a rendibilidade da granxa

GALLARDO SC (Mazaricos) eficiencia enerxetica placas intercambiadoras tanque leiteNunha explotación de vacún de leite hai moitos factores que inflúen na rendibilidade: alimentación, xenética, produción, sanidade… Pero hai un que a miúdo se dá por feito ata que ocorre un problema: o tanque de refrixeración do leite.

Se o tanque deixa de arrefriar correctamente, se hai un corte eléctrico ou se o compresor falla, o resultado pode ser devastador: miles de litros de leite perdidos en poucas horas.

Para evitar ese risco naceu DataLact, unha solución tecnolóxica desenvolvida pola empresa galega Perfect Numbers que permite monitorizar en tempo real o funcionamento do tanque de frío.

O que empezou como un proxecto piloto dentro dun grupo operativo de innovación converteuse hoxe nunha solución implantada en máis de 200 explotacións gandeiras.

Cada nova instalación achega máis experiencia e coñecemento sobre o funcionamento real dos tanques de frío en granxas de vacún de leite.

 “170 ganderías da cooperativa basca KAIKU xa utilizan Datalact”

DATALACT KAIKU

Naroa Sarasua é responsable de Proxectos, innovación e mellora contínua en KAIKU, S.coop, a principal cooperativa de vacún de leite do País Vasco e Navarra.

-Cando empezastes a empregar esta app nas ganderías socias de KAIKU?
Empezamos a utilizar esta app a principios de 2025 cunha proba piloto en 5 ganderías socias. A experiencia foi positiva e decidimos ampliala a 200 tanques pertencentes a 170 ganderías.

-Que razóns vos levaron a empregala?
A xestión de datos e toda a información adicional que proporcionan os sensores e as alarmas do equipo resultan fundamentais para mellorar o control sobre os tanques.

A plataforma permite acceder en tempo real, desde o móbil e desde calquera lugar, aos datos de cada instalación, o que facilita un seguimento continuo e preciso. Grazas a esta visibilidade inmediata, é posible detectar avarías ou incidencias con antelación, identificar patróns anómalos e actuar antes de que o problema se agrave e poida derivar nun rexeitamento de leite.

Este acceso áxil e centralizado contribúe tanto á toma de decisións como a unha resposta máis rápida e eficaz ante calquera situación.

-Cal é o grao de implantación da app a día de hoxe na cooperativa e que previsións tedes de cara ao futuro?
Actualmente, a app está instalada en practicamente todos os tanques da cooperativa. Unicamente decidimos non incorporala naqueles casos moi concretos nos que as explotacións teñen previsto cesar a súa actividade a curto prazo, principalmente por xubilación e pola falta de remuda xeracional que permita asegurar a continuidade da granxa. No resto das instalacións, a implantación foi completa e o uso diario da ferramenta forma xa parte do funcionamento habitual.

 “Datalact facilita unha xestión máis eficiente e segura do tanque de leite”

-Cales son as principais vantaxes que destacarías de DATALACT?
A información en tempo real permite ao gandeiro ter un control moito máis preciso sobre todo o proceso, o que se traduce nunha xestión máis eficiente e segura do tanque. Esta visibilidade inmediata facilita ademais que poidamos ofrecer un servizo técnico máis completo e proactivo, xa que as alertas por tanque apagado ou outras anomalías axudan a detectar incidencias antes de que se convertan nun problema maior.

Todo iso achega unha maior tranquilidade tanto ao gandeiro como ao equipo técnico, ao permitir actuar con rapidez e anticipación, evitando ademais perdas económicas na granxa por posibles rexeitamentos de leite e reducindo a xeración de residuos e o desperdicio alimentario, o que contribúe a unha cadea máis sostible.

Doutra banda, tanto a app móbil como a versión web destacan por ser intuitivas, visuais e doadas de utilizar. O seu deseño facilita o seguimento do estado do tanque e permite modificar de forma sinxela os parámetros cando é necesario, sen complicacións e desde calquera dispositivo. Esta accesibilidade contribúe a que a ferramenta se integre con naturalidade no día a día e favoreza un uso áxil e eficiente.

Óscar Morado, gandeiro de SAT Margá (Guitiriz – Lugo): “É unha tranquilidade que te avise no móbil de calquera anomalía no tanque ou de cando pasou o leiteiro”

Óscar Morado, primeiro pola dereita, nunha visita do equipo técnico de Datalact

Óscar Morado, primeiro pola dereita, nunha visita do equipo técnico de Datalact

-Que vos levou a empezar a utilizar Datalact?
Empezamos a colaborar con Perfect Numbers hai 3 anos nun proxecto de innovación, Grazemaster. A nosa gandería manexa as vacas en pastoreo e muximos con robot. Neste momento temos uns 120 animais en lactación e producimos uns 800.000 litros de leite ao ano.

-Cales son as principais vantaxes que atopades nesta aplicación?
É unha aplicación moi útil e doada de utilizar. Permite visualizar desde o móbil a temperatura do tanque de leite e anticiparse a calquera problema de apagado ou outra anomalía, evitando problemas máis graves que obrigarían a refugar todo o leite do tanque, coa perda económica que iso supón.

Datalact permite ademais configurar os avisos e alertas que recibes no móbil. No caso da nosa gandería, a aplicación avísame de cando veu o leiteiro, se se realizou o autolavado do tanque, se a temperatura do mesmo está demasiado tempo por riba de 20 graos, se hai un corte de electricidade…etc. Para min é unha gran tranquilidade e estou contento coa aplicación.

-Que aspectos mellorarías?
Estamos a traballar conxuntamente con Perfect Numbers para ampliar os servizos que presta esta aplicación, de forma que, alén de avisarnos de calquera anomalía, póidase tamén desde Datalact acender ou apagar o tanque ou regular a súa temperatura.

Ademais, creo que tamén é moi útil para a industria láctea, e sería o ideal para pechar o ciclo e ter unha completa rastrexabilidade, como xa están a facer na cooperativa KAIKU.

Gonzalo Abuín Pérez, CEO e fundador de Perfect Numbers: “DATALACT permite adiantarse aos problemas co tanque de leite”

GONZALO DATALACT

Que vos levou a Perfect Numbers a lanzar a aplicación DATALACT?
DATALACT naceu para resolver un problema moi concreto e moi importante en calquera gandería: evitar que unha avaría ou un mal funcionamento do tanque poida acabar provocando unha perda de leite. Moitas desas incidencias ocorren cando non hai ninguén diante, pola noite, en fins de semana ou en momentos nos que non se detectan a tempo.

Desde Perfect Numbers vimos que podiamos achegar unha solución útil e doada de usar, pensada para vixiar o tanque as 24 horas e avisar cando algo non vai ben. A idea desde o principio foi dar tranquilidade ao gandeiro, axudarlle a previr problemas e protexer un produto de moito valor como é o leite.

Cales son as principais vantaxes que achega ao sector lácteo?
A principal vantaxe de DATALACT é que permite adiantarse aos problemas. Non se trata só de ver datos, senón de detectar a tempo se o tanque está a funcionar como debe.

O sistema controla parámetros clave como a temperatura, o compresor, o axitador ou os ciclos de lavado, e cando detecta unha anomalía envía unha alerta para que se poida actuar antes de que a incidencia vaia a máis.

Isto tradúcese en beneficios moi claros: máis tranquilidade, menos risco de perder un tanque de leite, máis control sobre a instalación e máis información para tomar decisións. Nunha gandería, moitas veces o problema non é que ocorra un fallo, senón decatarse cando xa é demasiado tarde.

O sistema controla parámetros clave como a temperatura, o compresor, o axitador ou os ciclos de lavado, e cando detecta unha anomalía envía unha alerta para que se poida actuar antes de que a incidencia vaia a máis.

Como está a ser a acollida no mercado?
A acollida está a ser moi positiva. Cada vez máis gandeiros e empresas do sector entenden que ter controlado o tanque non é un luxo, senón unha ferramenta de seguridade e de traballo diario.

Cando unha gandería empeza a usar DATALACT e comproba que pode consultar o estado do tanque desde o móbil, recibir avisos e ter un histórico do que ocorre, enseguida entende a súa utilidade. Ademais, o interese adoita crecer aínda máis cando se coñecen casos reais nos que unha alerta a tempo evitou un problema maior.

Na nosa experiencia, o que máis valoran os clientes é precisamente esa tranquilidade de saber que o sistema está a vixiar de forma continua.

Que servizo postventa inclúe DATALACT?
Para nós o servizo postventa é unha parte fundamental do produto. Non se trata só de instalar un equipo, senón de que o cliente estea acompañado e de que realmente lle saque partido desde o primeiro día.

Por iso DATALACT inclúe soporte para resolver dúbidas, axuda na configuración de avisos, seguimento do funcionamento e atención cando xorde calquera incidencia. Ademais, seguimos mellorando a plataforma de forma continua para que os clientes poidan beneficiarse de novas prestacións e melloras no servizo.

DATALACT inclúe soporte para resolver dúbidas, axuda na configuración de avisos, seguimento do funcionamento e atención cando xorde calquera incidencia

O noso obxectivo é que o gandeiro sinta que detrás da ferramenta hai un equipo que responde e que coñece as necesidades reais do sector.

En que novas funcionalidades estades a traballar para esta app?
Estamos a traballar en novas funcionalidades para que DATALACT sexa cada vez máis útil no día a día da gandería. Unha das melloras que nos están pedindo os propios clientes é incorporar avisos mediante chamada telefónica, porque hai incidencias importantes nas que un correo ou unha notificación push poden non ser suficientes.

A idea é que, cando ocorra un problema realmente crítico, o aviso chegue da forma máis directa posible para que o gandeiro poida reaccionar a tempo. Ademais, seguimos mellorando todo o relacionado con alertas, análises de datos e novas formas de anticiparse aos fallos antes de que provoquen unha perda económica.

Queremos que DATALACT siga evolucionando non só como unha ferramenta de control, senón como unha solución que axude a xestionar mellor a explotación.

DATALACT ESQUEMA

Algo máis que queirades engadir?
Si. Gustaríanos destacar que DATALACT é unha solución pensada desde a realidade do campo e para resolver problemas reais das ganderías. Non buscamos complicar as cousas, senón axudar a traballar con máis tranquilidade, máis control e máis capacidade de reacción.

Ademais, cremos que DATALACT ocupa hoxe unha posición moi diferencial en España pola súa especialización na monitorización do tanque de leite e polo seu enfoque práctico, sinxelo e orientado a previr problemas antes de que sexa tarde.

Sabemos ben que detrás de cada litro de leite hai moito esforzo, moitas horas de traballo e unha gran responsabilidade. Por iso cremos que contar cunha ferramenta que axude a protexer ese traballo ten cada vez máis sentido. O noso compromiso é seguir mellorando DATALACT para que siga sendo unha solución útil, próxima e rendible para o sector lácteo.

En Perfect Numbers cremos que a tecnoloxía só ten sentido cando resolve problemas reais. E nunha gandería, detectar a tempo unha incidencia no tanque pode marcar a diferenza entre un simple aviso e unha perda importante.

Máis información: 

the@perfectnumbers.tech ou nos teléfonos:  620 98 12 76 e  678 98 27 91

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *