Dairylac, Queserías Entrepinares e Eolimia reciben case 13 millóns da Xunta para proxectos agroalimentarios

Dairylac, Queserías Entrepinares e Eolimia reciben case 13 millóns da Xunta para proxectos agroalimentarios

Proxecto de torre de leite en pó de Dairylac en Melide

Dairylac, a industria láctea impulsada por Icos e Codeira, e na que acaba de entrar a cooperativa Aira, recibirá 4,88 millóns de euros da Xunta de Galicia para o seu proxecto industrial que está a levar a cabo no polígono de Melide.

Así se recolle na lista publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia de axudas concedidas na convocatoria de 2016 pola Consellería de Medio Rural para os investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios do período 2014-2020, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader).

Dairylac é a industria máis beneficiada desta liña de axudas, con 4,88 milllóns O seu proxecto industrial céntrase na construcción dunha torre de leite en po, que iniciou a súa obra civil este outono, está previsto que comece a funcionar na primavera do 2018. Coa súa posta en marcha, Dairylac proxecta entrar no mercado dos produtos de alimentación infantil e na comercialización de proteína láctea e doutros ingredientes para a industria alimentaria.

A segunda industria máis beneficiada é Proláctea SAU, a empresa matriz de Queserías Entrepinares, que recibe 4,75 millóns. Entrepinares destinará 16 millóns de euros a ampliar as súas instalacións en Vilalba para a construcción dunha torre de secado do soro procedente da elaboración do queixo.

A terceira na lista é Eolimia, que recibe 4,17 millóns de euros. Esa empresa, propiedade do industrial de Xinzo de Limia, Jesús Gamallo, ten proxectado construír unha factoría de almidón destinado á exportación, e que se prevé que absorva ata a metade da produción de pataca da Limia. O industrial anunciou que as obras esta previsto que rematen para finais deste ano.

Coren, con 2,38 millóns, e Innolac, con 1,60 millóns, completan a lista de industrias máis beneficiadas destas axudas da Consellería para investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios.

Lista de beneficiarios das axudas:

Beneficiario Axuda concedida (€)
Agropecuaria Mabelipa, S.L. 65.915,15
Agrupación de Cooperativas Lácteas, S.L. 68.323,15
Aira, Soc. Coop. Galega 44.415,00
Airas Moniz, S.L. 50.101,43
Aldea de Barrio, S.L. 55.834,65
Alibos Galicia, S.L. 449.344,46
Angulo Rey, Beatriz 22.853,29
As Vacas da Ulloa, S.C.G. 53.800,75
Avega, S. Coop. Galega 603.042,69
Carnes Viana, S.L. 20.110,00
Celega, S.L. 200.776,58
Central de Frades, S.C.G. 45.364,57
Champivil, S.L. 29.542,03
Cogal, S.C.G. 115.863,62
Coop. Agraria Provincial de A Coruña, S.C.G. 21.090,49
Coop. Productores del Campo de Capela, S.C.G. 86.976,96
Cooperativa C.G.S. y C.P.A. Hoxe 75.272,20
Cooperativa Sta. Mariña de Loureiro, S.C.G. 16.426,50
Cooperativas Orensanas, S.C.G. 2.382.691,21
Corporación Alimentaria Peñasanta, S.A. 681.655,70
Cusoviame, S.C.G. 33.398,98
Dairylac, S.L. 4.889.003,79
Embutidos Lalinenses, S.A.T. 134.574,10
Eolimia, S.L.U. 4.176.865,00
Euroserum Ibérica, S.L. 31.595,75
Feiraco Lácteos, S.L. 25.991,68
Fernández Sande, José Manuel 14.094,72
Ferreiro Ferreiro, Antonio 96.174,90
Gandería Puluan, S.C. 193.963,11
Generxia, S.C 44.139,59
Granja Campomayor, S.L. 182.084,39
Granxa Moreira, S.C. 25.178,22
Hifas da Terra, S.L. 51.138,04
Hortalizas y Legumbres Otero, S.L. 10.995,36
Industrias Frigoríficas del Deza, S.L. 149.406,50
Innolact, S.L. 1.607.338,94
Innolact, S.L. 45.353,56
Jamones González, S.L. 22.008,40
Lácteos Casa Macán, S.L.U. 779.001,14
Lácteos Feinar, S.L. 27.472,20
Lácteos Lorán, S.L. 21.307,05
Leite Ulla, S.L. 43.816,25
Lemos y Balboa, S.L. 376.407,61
Mieles Anta, S.L. 41.523,52
Novafrigsa, S.A. 610.182,14
Orujos y Licores Augavella, S.L. 30.179,45
Pazo de Lusio, S.L. 44.186,18
Piensos Albores, S.C.G. 12.110,00
Poulet Royal, S.L. 499.751,75
Proláctea, S.A.U. 4.755.720,25
Queixería Barral, S.L. 64.036,00
Queixería Prestes, S.L. 42.518,00
Queizuar, S.L. 100.413,65
Queserías Entrepinares, S.A. 244.279,75
Queserías Sarrianas, S.L. 105.297,26
Rubén Pacior, S.L. 204.972,45
Val Silva, S.C. 129.600,00
Xallas de Santa Comba, S.C.G. 24.980,56
Xuncoga, S.C.L. 19.539,33

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información