A internet das cousas (IoT) chegou ao agro, isto fai referencia a todos os sistemas de dispositivos físicos que reciben e transfiren datos a través de redes sen fíos cunha intervención humana mínima.
Isto é posible grazas á integración de dispositivos informáticos en todo tipo de obxectos, desde pezas e accesorios persoais intelixentes ata sistemas que fan a cidades enteiras intelixentes.
E é neste contexto de dixitalización que o internet das cousas chegou tamén ao sector agropecuario.
Desde hai algúns anos, o campo atravesa un proceso de profundo cambio a un ritmo acelerado cara a unha modernización nunca vista anteriormente neste sector.
Unha porcentaxe moi importante das granxas actuais en España realizaron xa investimentos moi altos en termos de modernización das súas instalacións, co obxectivo de optimizar as condicións de benestar animal, garantir a redución de emisións de gases e optimizar os seus programas de nutrición en base a unha tecnoloxía punta que ten como obxectivo reducir as emisións.
Cada vez é máis habitual atoparnos con plantas de reciclaxe de esterco para producir enerxía, paneis solares, sistemas de refrixeración de última tecnoloxía que garanten consumos enerxéticos moi baixos, luces led, sistemas modernos de ventilación natural etc. A robotización é outra realidade para destacar, xa que moitas granxas contan con sistemas automatizados de muxido, de limpeza e de alimentación que garanten que as interaccións entre os animais e o home sexan mínimas e que permiten conseguir unhas condicións de benestar animal altísimas, eliminando calquera factor estresante para os animais.
Esta situación xera un caudal de datos nunca visto antes, e iso é un soporte moi grande na toma de decisións. Con todo, a información por si mesma non nos achega nada, é a interpretación correcta destes datos a que nos levará a tomar as decisións adecuadas en cada momento e situación.
En De Heus traballamos día a día co obxectivo de ofrecer un sistema de asesoramento que nos permita maximizar a rendibilidade dos nosos clientes. Baseado nesta filosofía, o equipo técnico de De Heus desenvolveu unha ferramenta capaz de reunir e clasificar e identificar datos clave no funcionamento dunha granxa.
Dairy Compass é unha plataforma deseñada para combinar e analizar datos de explotacións leiteiras, co obxectivo de optimizar a produtividade e incrementar os beneficios dos gandeiros.
Funciona como un “compás” que guía aos produtores cara aos seus obxectivos.
Características e funcións clave de Dairy Compass:
-Análise exhaustiva de parámetros: Permite analizar en detalle diversos parámetros como a calidade das forraxes, a eficiencia da alimentación, o rendemento dos equipos, o desempeño reprodutivo, a produción diaria e os controis leiteiros.
-Identificación e diagnóstico de problemas: Axuda a detectar rapidamente os problemas a medida que xorden e a identificar as súas causas con maior precisión.
-Adaptabilidade a diferentes sistemas: É adecuada para granxas robotizadas e salas de muxido, e é capaz de analizar datos como o número de muxidos, a porcentaxe de tempo libre, a velocidade de muxido, os rexeitamentos de alimento, a porcentaxe de resto de alimento e os días en leite e calquera dato que poida achegar claridade á situación da granxa.
-Módulo de datos diarios: Permite unha análise profunda de grupos específicos de vacas ou períodos determinados, facilitando a identificación de problemas individuais nunha vaca concreta, porque como dicimos en De Heus …cada vaca conta.
-Pico de Produción Estandarizado (PPE): É un índice desenvolvido por De Heus que permite comparar a produción de leite corrixido entre vacas de diferentes días en leite e partos.
-Asesoramento especializado: Os especialistas de De Heus utilizan Dairy Compass para analizar os datos da explotación en tempo real xunto co gandeiro, o que permite ofrecer o mellor asesoramento. Ademais, as visitas á granxa son esenciais para complementar a análise de Dairy Compass, comprobando as racións, estado das forraxes baseado no noso sistema Laboexpert baseado en datos de mais de 20.000 análises feitas en España, o estado do animal, a dixestión de feces.
En resumo, Dairy Compass é unha ferramenta integral que, co apoio de especialistas, axuda aos produtores de leite a tomar decisións máis precisas, optimizar a produtividade e aumentar a rendibilidade das súas explotacións.
En palabras de Miguel Iglesias, Responsable do Servizo Técnico de Vacún de Leite, “Dairy Compass é unha ferramenta tecnolóxica, innovadora que nos permite analizar os datos e presentalo aos gandeiros de forma mais áxil e sinxela optimizando a toma de decisións”.
A internet das cousas chegou ao campo e, en De Heus, estamos á altura das necesidades dos nosos clientes, razón de ser do noso día a día.
Mais de 250 granxas xa utilizan Dairy Compass. Para máis información sobre este ou outros produtos, pode contactar ao equipo de vendas ou visitar a web: www.deheus.es